Dúas novas degustacións do capón na capital lucense
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/comida_capon_vilalba_4.jpg)
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/comida_capon_vilalba_3.jpg)
En ambas degustacións, Mesón de Alberto serviu capón cociñado ó estilo tradicional vilalbés, e tamén segundo a receta do seu cociñeiro Jorge García. Os participantes nos xantares do capón entran a formar parte de facto da Cofradía del Capón de Villalba, que ten xa máis dun cento de cofrades admiradores do sabor e calidade do capón vilalbés, ata agora un prato tipicamente navideño que –gracias ó labor promocional da Cofradía- mantén a súa actualidade e vixencia ó longo de todo o ano.
X.X.