Skip to main content

A evolución histórica da música tradicional galega, a análise na Tradescola

O centro Lugh II acolleu a primeira das actividades que A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolverá ao longo deste ano. Durante máis de unha hora Ánxela Conde Fernández e Pedro David Lamas Varela e alunos da Tradescola fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Cunha gran acollida, por parte do numeroso público asistente, estes dous mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

A Tradescola progamará durante todo o curso actividades na cidade de Lugo e en diversos concellos da provincia co fin de achegar o coñecemento da música tradicional galega e propiciar a súa difusión na sociedade actual. Ademais a Tradescola manterá o seu programa formativo regrado na súa sede de Lugo.

MÁIS DE 200 ALUNOS E ALUNAS

A Tradescola iniciará no mes de outubro as aulas nas súas diferentes disciplinas cun número superior aos 200 alunos inscritos na prematricula. Para formalizar a matrícula abrirase o prazo o día 21 deste mes de setembro e manterase aberto ata o comenzo das aulas a principios do mes de outubro.

Os alunos e alunas matriculados poderan cursar as especialidades de canto, percusión, gaita galega, zanfona, requinta, acordeon, baile tradicional, linguaxe musical e etnografía e investigación no eido da música e o baile tradicional. Neste segundo ano de funcionamento deste centro formativo xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos iniciarase un novo intenerario formativo destinado a ofertar unha formación integral que permita acadar o coñecemento e a competencia necesaria para exercer como profesional no eido da música e do baile tradicional.
Tradescola