Skip to main content

Cultura e Fundación Paideia colaboran no Programa Mans

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera, asinaron un convenio para a realización do proxecto Mans, consistente na gravación de producións musicais e bandas sonoras de películas. Para a realización conxunta do programa Mans, a Consellería de Cultura e Turismo comprométese a achegar á Fundación Paideia un total de 60.000 euros.

A Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Paideia desenvolverán accións conxuntas para a preparación, produción, plan de comunicación e organización do programa Mans. Neste sentido, o proxecto será realizado por un equipo de profesionais, dirixido pola Fundación Paideia e co asesoramento técnico da dirección xeral de Promoción e Difusión da Cultura. No convenio especifícase que a Fundación remitirá ao interlocutor designado pola Consellería de Cultura e Turismo informes periódicos que recollan a marcha das actividades realizadas ao longo deste programa.

Asemade, para o bo desenvolvemento das actividades obxecto do convenio establecerase unha Comisión Mixta, integrada por representantes de cada unha das institucións á que corresponderá o seguimento, interpretación e avaliación das solicitudes que se presenten para o acceder ao programa Mans. Os dereitos de explotación do programa de colaboración conxunta de Mans lle corresponde a todas as partes intervindes.

Colaboración

A Fundación Paideia é una entidade sen ánimo de lucro que leva dende o ano 1986 traballando no ámbito das ciencias humanas e socias. Esta organización desenvolve unha importante actividade cultural que contribúe ao desenvolvemento, mellora e difusión da nosa cultura, tanto na nosa comunidade como no exterior. Paideia leva realizando unha labor de continuade no campo da promoción e difusión da cultura galega e da cultura en galego, conseguindo impulsar e facilitar o traballo dos nosos artistas.

A colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Paideia permitiu o desenvolvemento doutras liñas de traballo conxunto como o proxecto “Viajando por Besanas”, plan diríxido a fomentar, potenciar e impulsar o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación a favor do desenvolvemento de entornos rurais. Este obxectivo levase a cabo rescatando aquelas actividades encadradas nos sectores primarios e/ou de servizos con potencial para ser explotadas como servizos e/ou produtos turísticos. É en definitiva, unha nova conceptualización, ampliación e actualización do concepto do agroturismo.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia