Adicae solicita á Xunta que paralice o proceso de renovación do Consello Xeral de Caixa Galicia
Caixa Galicia publica nos medios de comunicación un anuncio polo que fai público o acordo para renovar mediante designación por sorteo os membros do Consello Xeral de Caixa Galicia representantes dos clientes impositores desta Caixa.
En pleno proceso de reestructuración do sector financeiro galego a XUNTA DE GALICIA non debe permitir que se cambie a composición dos órganos de goberno hasta que quede definitivamente configurado o futuro inmediato das Caixas Galegas, máxime tendo en conta as promesas electorais de tódolos partidos políticos galegos de reformar a lexislación autonómica para facer unhas Caixas máis transparentes, modernas, profesionais e con órganos de goberno elixidos democraticamente.
A elección mediante sorteo dos representantes dos consumidores e totalmente ineficaz para protexer os seus dereitos como se ten demostrado nos últimos tempos nas actuacións de Caixa Galicia contra diversos colectivos de usuarios galegos: o incremento inxustificado e xeneralizado das comisións bancarias más habituais (de mantemento de contas, tarxetas) neste último ano, a colocación das sucesivas emisións de participacións preferentes sen adecuarse ao perfil do investidor, a non amortización das preferentes colocadas fai máis de cinco anos, ou a non cancelación dos produtos derivados tóxicos de intercambio de tipos en relación a hipotecas.
ADICAE GALICIA tense pronunciado a favor da fusión das Caixas Galegas se ven precedida ou acompañada de cambios na lexislación autonómica de Caixas que permitan unha mellora na transparencia, na eficacia e na profesionalización da súa xestión, desbotando intereses meramente localistas ou partidistas, cunha orientación verdadeiramente social que pasa por garantir unha verdadeira representación dos consumidores nos órganos de goberno con sistemas de elección democráticos para poder velar eficazmente polos seus intereses.
ADICAE GALICIA avoga por fórmulas de reestructuración das Caixas Galegas que permitan botar man das axudas públicas do FROB para destinalas a mellorar a saúde financeira das Caixas Galegas de forma que de agora en diante non precisen ir contra os intereses dos consumidores para poder sanear a súas contas.

Adicae Galicia