O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, Cofrade de Honra do Capón vilalbés
A Cofradía do Capón de Villalba organizou unha nova degustación do capón, esta vez no Restaurante España da capital lucense.
Entre a vintena de comensales, ademáis dos directivos da Cofradía (Julio Rico, Alberto Goás e Daniel Goás), presididos polo seu titular, o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao, asistiu o Subdelegado do Goberno en Lugo; os empresarios Alfonso Lamas, Wenceslao Lamas, José Prieto, Antonio Prieto e Eliseo López; os Alcaldes de Quiroga (Julio Álvarez) e Corgo(José Antonio González), o sacerdote Antonio Dominguez; os xornalistas Alfredo Sánchez Carro e Francisco Rivera Cela, e os membros do equipo de Galicia Digital, Carlos Rodríguez Arias, José Luis Lugilde, Antonio Giz Paz e Xulio Xiz.
Recibiu os atributos de Cofrade de Honra do capón (diploma, banda e insignia) o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, así como os correspondentes diplomas os xornalistas Alfredo Sánchez Carro e Francisco Rivera Cela que, con anterioridade, xa recibirán a insignia e banda correspondentes.
A Cofradía do Capón de Villalba ven organizando degustacións do capón, a cargo dos máis destacados cociñeiros, de toda Galicia e Madrid e outras cidades do Estado, e nomeando Cofrades de Honra a diversos persoeiros que participan nestas degustacións do capón vilalbés.
Con este xantar, péchase na provincia de Lugo o calendario de degustacións do presente ano, que se reiniciarán a partir da Feira do Capón vilalbés, que tera lugar o próximo 21 de decembro. Nesa Feira, a Presidencia da Cofradía adquirirá varias ducias de pares de capóns que repartirá entre os principais restaurantes galegos e madrileños para, con posterioridade, organizar estas degustacións totalmente gratuítas nas que participan persoeiros do mundo da empresa, da sociedade e dos medios de comunicación, para contribuir á difusión deste singular elemento gastronómico, que identifica unha comarca e constitúe unha importante fonte de riqueza para o rural vilalbés.
O Presidente da Cofradía, o avogado Domingo Goás Chao, impulsa estas actividades pola crenza nas excelencias gastronómicas do capón vilalbés, e o interese en potenciar o producto máis xenuino da artesanía vilalbesa.

Galiciadixital.com