Skip to main content

O PPdeG agarda que se respete a decisión que se tome sobre as caixas galegas

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, indicou que un dos temas abordados polo comité de dirección do partido foi o das caixas de aforros galegas. Con respecto a isto, Rueda afirmou que os populares esperan que todos os organismos e partidos respeten o que se decida sobre as caixas en Galicia e subliñou que non tería sentido que o que si pode ser noutras comunidades non puidese ser na galega.

O popular fixo fincapé en que a situación actual das caixas require grandeza de miras, e asegurou que o PPdeG, desde a primeira ata a última das súas agrupacións locais, estivo á altura xa que en vez de esquivar o debate e esperar a que organismos de fóra de Galicia indicasen a folla de ruta do sistema financeiro da comunicade, o presidente da Xunta optou por analizar, escoitar e falar.

Así, como lembrou Rueda, Feijóo iniciou un proceso de diálogo no que escoitou a sindicatos, empresarios, partidos e, sobre todo, aos representantes das caixas de aforros para consensuar a decisión final sobre as entidades financeiras galegas.

Rueda subliñou que o Goberno galego ofrecerá unha visión razoada da realidade e se situará de forma clara e fundamentada sobre a forma na que as caixas de aforro galegas deben responder ás esixencias de solvencia e galeguidade que marca a sociedade de Galicia. Así mesmo, afirmou que aqueles que non queiran respetar a postura da comunidade, marcada polo interese xeral, terán que dar explicacións ante a opinión pública

Por outra banda, o popular engadiu que os populares queren caixas galegas e solventes e fixo fincapé en que agardan que a decisión do Goberno galego acerte coa decisión que tome sobre as caixas e que esta sexa respetada.



Gabinete de Comunicación do PPdeG