Skip to main content

Convocado o XX Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

As bases que rixen esta convocatoria son:

1. O premio José Domínguez Guizán de Arte está dotado con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos.

2. Adxudicarase á obra pictórica (considerada no senso máis amplo) que resulte seleccionada polo xurado calificador, que estará formado por especialistas na materia xunto con representantes do centro convocante e da entidade patrocinadora.

3. Poderán optar a este premio obras de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), de tema libre, e con tamaño máximo de 1,5m por 1m, con ou sen marco.

4. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, acompañadas dos datos identificativos de obra e autor.

5. As obras, debidamente protexidas para evitar calquera deterioro, serán remitidas -libres de gastos- ó Centro Cultural de Begonte. Seranlles devoltas libres de gastos ó enderezo que indiquen.

6. O prazo de presentación remata ás 12 horas do día 25 de decembro de 2009. O xurado seleccionará de entre as obras presentadas a gañadora do Certame.

7. A obra premiada quedará en propiedade da entidade convocante. As non premiadas serán devoltas ó remate do Certame.

Nota: Organizarase en Begonte e Lugo unha exposición coas obras presentadas ó certame, ou se o número o impedise, unha selección das mesmas.
Centro Cultural José Domínguez Guizán (Begonte)