Deporte e Xacobeo crean un plan de patrocinio dos clubes de alta competición
A Secretaría Xeral para o Deporte e o Plan de Xestión do Xacobeo unen os seus esforzos para por en marcha un plan histórico de apoio aos clubs de alta competición de Galicia que significa o investimento de máis de 2.300.000 euros e que beneficiará a máis dun centenar de entidades de toda a comunidade, que ademáis de ser as máis representativas na súa gran maioría soportan gran parte do deporte de base de Galicia.
Este plan é como consecuencia da decidida aposta polo deporte por parte da Xunta de Galicia e máis tendo en conta a situación económica actual que provocou que moitos destes clubs quedáronse sen patrocinios privados e tamén falta de financiamento por parte das entidade bancarias, polo que a Secretaría Xeral esfourzouse para levalo a cano antes de que conluya este ano.
É a primeira vez que o Xacobeo segue criterios obxectivos e iguala a todas as modalidades para patrocinar aos clubs e grazas á implicación da Secretaría Xeral para o Deporte crease un plan ambicioso que no mes de setembro foi explicado a todos os clubs que nunha primeira fase asinarán os contratos de sponsorización antes de que conclúa este ano e na primeira quincena do mes de xaneiro cobrarán o 60 por cento das cantidades previstas.
Outro dos aspectos importantes do plan é que os acordos serán a través de contratos publicitarios debido ao interese da Secretaría Xeral para ou Deporte de simplificar ao máximo o procedemento de concesión de subvencións, garantindo que se cumpran as obrigacións establecidas na Lei de Subvencións e na Lei de contratos do sector público.
Os clubs foron divididos en dous grupos. Un primeiro formado polos clubs que compiten en ligas regulares que xa están en marcha como é o caso do baloncesto, balonmán, fútbol sala, fútbol, hockey herba ou hockey patíns, mentres que un segundo está integrado polo equipos que participan en competicións que non teñen un sistema regular como é o caso do ciclismo ou aqueles que toman parte en ligas que aínda non comezaron como o remo. Estes equipos non puntuarán na convocatoria ordinaria de axudas da Secretaría xeral para o Deporte no ano 2010, polo que se librará máis diñeiro para o resto de entidades.
No primeiro grupo son destinatarios do plan os clubs que conten con equipos que participen nas competicións, en sistema de liga, de primeiro e segundo nivel nas modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente.
Exclúense aos equipos participantes nas competición recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes como ligas profesionais: Primeira e Segunda División A de fútbol e Liga ACB de baloncesto. Dada a relevancia mediática de ambos deportes, fútbol e baloncesto, o Plan afecta ás dúas seguintes competicións de máximo nivel estatal, no caso de baloncesto, a Liga LEB ouro e LEB prata, e, no caso do fútbol, só a Segunda División B, dado que a inmediatamente inferior, a Tercera División, é de ámbito autonómico e non estatal.
Do segundo grupo son tamén destinatarios do plan os clubs máis relevantes da súa modalidade, atendendo a criterios de participación e resultados obtidos, en modalidades nas que a competición mais relevante non se desenvolve en sistema de liga regular, de xeito que non teñen que participar en diferentes encontros deportivos ao longo do ano para participar na competición deportiva oficial máis relevante do seu deporte.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia