Skip to main content

O Telecentro de Vimianzo acolleu un obradoiro de adornos de Nadal

No Telecentro de Vimianzo, tivo lugar o I Obradoiro de adornos de Nadal. Neste participaron un total de 10 persoas das cales, a maior parte eran alumnos/as do Curso de informática básica, aínda que tamén houbo xente que nada tiña que ver con éste e que de igual forma decidíu participar no evento.

Compre recordar que a finalidade deste taller era achegar aos usuarios ás Novas Tecnoloxías da Información, fomentar as redes sociais e, como non, crear un centro de Nadal. Como coordinadora da actividade, aquí en Vimianzo, podo dicir que todos os obxectivos foron acadados.

Hai que destacar que as alumnas/os amosaron moito interese pola actividade, pois en todo momento mantiveron unha actitude moi participativa, dato que puiden recoller das constantes preguntas que lle facían a ciberprofesora, que se atopaba en carne e oso no Telecentro de Abegondo.

O resultado final foi que despois de pintar de dourado e prateado as castañas, as noces, as espigas, as pinas e demais material utilizado, todos/as, incluída eu mesma, quedamos moi satisfeitas co adorno elaborado.

Non que queda a mínima dúbida de que durante este Nadal, as casas dos/as alumnos/as participantes están perfectamente decoradas coa súa creación, na que xogou un papel moi importante a creatividade e a habilidade!!
Lorena Cernadas Soto