A escritora galega Yolanda Castaño protagoniza a Noite Poética A Pipa 09
A asociación cultural A Pipa de Becerreá organiza, co apoio da Área de Cultura da Deputación, o Certame Literario que nesta edición leva por título XVII Noite Poética a Pipa´09 con Yolanda Castaño. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, participou neste encontro na súa vila natal. Antón Bao que ven participando, con asiduidade, neste encontro anual sianlou “é un orgullo poder achegarse cada ano ata Becerreá para compartir esta noite literaria e comprobar como, en cada edición, o esforzo dos organizadores se ve recompensado cun maior nivel participativo en cantidade e calidade”.
O xurado, que emitiu o seu fallo, estivo presidido por Alicia Chao Penela e composto por Amparo Becerra Arrojo , Marta Rodríguez López e Afonso Becerra, acordou conceder vos seguintes galardóns: Primeiro premio para Ana Digón Caño, de San Pedro-Cervantes, polo texto titulado Filomena, Filomena, e segundo para Adrián Rodríguez Pardo, de Aucella, Cervantes, polo seu relato Un home moi especial. Os accésit foron para Carlota Yepes Pereira (Becerreá) por O agocho secreto; Sandra López López (Vilachambre-Baralla) pola Pipa contacontos; Ana María Aira Seijo (Celeiró-Pedrafita do Cebreiro) por O xardín dás letras; Miguel Ángel Alba Rodríguez (Santa Mariña-Cervantes) por O gato preguizoso; e Tania López Rodríguez (Vilarguite-Cervantes) pola Nena con corazón de paxaro.
O poema titulado Como atopar a moza correspondente, de Jesús José Rodríguez Cedrón (Dumia-Cervantes) foi elixido gañador, sendo segundo Fruttys, de María del Carmen Fontal Maciñeiras (Pol-Baralla). Houbo tres accésit para Historia dun labrego, de Beatriz Rosón López (Vilardemouros-Cervantes); A gaita galega, escrito por Sandra Fernández García (Sobrado de Picato-Baralla); e A lúa e o sol, do que é autor David Rubianes Núñez (Penarrubia-Baralla). O xurado declarou deserto ou primeiro premio nesta categoría e tampouco concedeu accésit. Otorgouse o segundo premio a Xosé Luis Vázquez Somoza, de Guntín, polo seu texto O ballón de San Xoán.
O poema Axóuxeres de salitre, escrito por Rocío Leira Castro (Pereira-Cee-A Coruña) acadou ou primeiro premio; mentres que ou segundo foi parar a Xosé Otero Canto, de Lugo, co texto titulado Ecoando buguinas en apertas apreixadas (A xeito de liras en pentasílabos).
As Noites Poéticas organizadas pola asociación cultural A Pipa son unha homenaxe ás escritoras e aos escritores da literatura galega. Trátase dun achegamento directo ao labor creativo, á filosofía e á persoa da autora recoñecida na xornada, neste ano foi a poeta Yolanda Castaño. A velada constou dunha primeira parte na que se estableceu unha conversa distendida coa escritora homenaxeada guiada por Marta de Sinllán e Afonso Becerra, na que tivo a oportunidade de participar o público asistente. Na segunda parte proxectáronse dúas pezas de videocreación de Yolanda Castaño.
Esta actividade anual que organiza a asociación cultural A Pipa de Becerreá comezaron a celebrarse o 28 de decembro de 1996 con Uxío Novoneyra. Desde aquela ata agora celebraronse dezasete veladas, das que foron protagonistas: Manuel María (28/12/1997), Helena Villar Janeiro (26/07/1998), María Xosé Queizán (28/12/1998), María do Carme Kruckenberg (28/12/1999 e 29/12/2000), Chus Pato (28/12/2000), Marica Campo (28/12/2001), Xesús Rábade Paredes (28/12/2002), María do Cebreiro (29/12/2002), Cristal Méndez Queizán (28/12/2003), Bernardino Graña (2/01/2005), Darío Xohán Cabana (28/12/2005), Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas (27/12/2006), Manuel Lourenzo (29/12/2007), María Xosé Queizán (27/12/2008), e Manuel Rivas (28/12/2008).

Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo)