Francisco Domínguez Martínez, novo director da Fundación Penzol
RESEÑA BIOGRÁFICA DO NOVO DIRECTOR FRANCISCO DOMÍNGUEZ MARTÍNEZ
Doutor Enxeñeiro Industrial.
Nace en Santa Uxía de Ribeira no ano 1944.
Casado e con dous fillos.
Residente en Vigo.
Estudou Peritaxe Industrial en Vigo, Enxeñería Industrial Superior en Bilbao e Doutorouse na Universidade de Vigo.
Principais datos do seu historial profesional:
• Exerceu a súa actividade profisional durante 25 anos na empresa viguesa Alonarti, S.A., do grupo La Artística de Vigo, desempeñando os postos de director técnico e Conselleiro.
• Tamén foi Director Xerente do Centro Tecnolóxico AIMEN, así como Técnico Superior de I+D da Universidade de Vigo e Xestor responsable do programa Deseño e Produción Industrial do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.
Principais actividades extraprofesionais:
• Incorpórase ao galeguismo no ano 1965 na campaña a prol da liturxia en galego.
• Animador cultural do Centro Galego de Barakaldo e da Casa de Galicia de Bilbao nos anos 1965 a 1970, mentres vivía en Bilbao, ademáis de vendedor, de maneira gratuita, de libros de en galego para o espallamento da nosa cultura.
• Director Xerente, Secretario e actualmente Vicepresidente de SEPT, editorial cristiana galega, onde promoveu e editou diversas publicacións de pensamento cristián, así como tamén a Biblia en galego, traducida das lenguas orixinais.
• No mundo da política asumiu o seu compromiso na transición como fundador do Partido Galego Social Demócrata e refundador do Partido Galeguista, ocupando en ámbolos dous o posto de Secreatrio de Organización.
• Realizador do estudo comparativo entre o proxecto de Estatuto para Galicia e os Estatutos vasco e catalán, publicado na revista Encrucillada pola Escola de Formación Social de Vigo, que recibiu o premio Fernández Latorre do ano 1980.
• Secretario da Comunidade de Vida Cristiana, fundada polo Padre Seixas para a promoción da liturxia en galego e mantedor durante máis de 20 anos das misas da Igrexa das Trinitarias e dos Apóstolos de Vigo.
• Conselleiro da Editorial Galaxia, S.A.
• Membro do Padroado da Fundación Penzol.
• Fundador, mantedor e colaborador do grupo de liturxia Badal, editor de follas litúrxicas dominicais distribuidas por máis de 600 parroquias de toda Galicia.
• Director, como voluntario, de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, desde o ano 1998 ao 2002
• Actualmente é voluntario de Cáritas no traballo cos emigrantes, principalmente do Senegal.
FUNDACIÓN PENZOL
A Fundacion Penzol creouse no ano 1963 por aportación dun importante fondo documental e bibliográfico de FERMIN LUIS FERNANDEZ-PENZOL LABANDERA, rexistrador da propiedade, antigo dirixente do partido galeguista na clandestinidade, quen dedicou unha parte importante da súa vida e dos seus recursos económicos a mercar e ordenar todo canto tiña que ver coa memoria histórica e bibliográfica da cultura galega e o galeguismo.
O escritor, académico e padroeiro vitalicio Francisco Fernandez del Riego foi dende o primeiro momento e ata a actualidade director da Biblioteca Fundación e responsable do seu mantemento, primeiro na rúa Policarpo Sanz e, posteriormente, a partir dun convenio que se estableceu co Concello de Vigo sendo alcalde Manuel Soto Ferreiro, na actual Casa da Cultura, sede do antigo concello da cidade.
Cun fondo de varios miles de documentos, dende a Idade Media ata os nosos días, a Biblioteca Penzol constitúe a institución privada de máis rico patrimonio documental da historia da cultura galega e do galeguismo. En grandes liñas trátase dun fondo dispoñible de 43.000 libros, oito coleccións completas de xornais, 2520 publicacións periódicas, 388 manuscritos, 415 de fondo antigo (libros do século XVI a XVIII), 450 de literatura gris, 1700 separatas, 100 mapas e planos, 110 teses de doutoramento, microfichas, discos, fotografías, casetes, partituras musicais etc., ademais dunha ampla colección de folletos varios

Fundación Penzol