Elaborada co consenso do sector a convocatoria de axudas á banda deseñada
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da súa Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, redactou a convocatoria de axudas de banda deseñada, no seu primeiro edicto, seguindo estritamente o consenso e acordo total coa representación do sector. Asemade, o texto que recolle as axudas á creación do cómic galego foi elaborado cumprindo escrupulosamente as esixencias requiridas pola lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento, o consenso e acordo total coa representación do sector, asumindo todos os trámites. Deste xeito, o punto que trata a esixencia de titulacións para a concesión de axudas, foi establecido, polo tanto, previo consenso coa representación sectorial.
Debido á crecente importancia da banda deseñada no panorama cultural galego, e dada a inexistencia dun tecido editorial o suficientemente grande para soster os custos de produción das historias narradas dentro deste medio de expresión, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da súa Dirección Xeral, veu necesario dar un apoio aos autores, destinando 30.000 euros para fomentar a creación de obras extensas de cómic galego en calquera xénero, permitíndolles aos autores galegos abordar proxectos creativos ambiciosos, contando sempre coa súa opinión inclusive na redacción do texto da convocatoria.
Tras a aprobación da orde, as bases das subvencións foron publicadas no Diario Oficial de Galicia. Os que se desexen acoller a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, mediante instancia dirixida á Consellería de Cultura e Turismo.
Os beneficiarios destas bases da convocatoria de axudas deberán executar o proxecto no prazo de doce meses desde a data da comunicación da concesión da axuda e as actividades obxecto de axuda serán a elaboración do guión do proxecto, os gastos de ilustración e os gastos de edición.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia