Skip to main content

A Mesa pola Normalización Lingüística dáse a coñecer nas comunidades galegas de Arxentina e Uruguai

Ademais destes encontros nos cales se fará entrega de información diversa sobre este colectivo cidadán en defensa da lingua, o día 19 de Setembro, ás 19,00 horas celebrarase unha reunión aberta na Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina.
Con estes contactos, A Mesa pretende impulsar o coñecemento internacional da singularidade cultural de Galiza, organizar nestes países máis actos relativos á nosa situación sociolingüística e procurar vínculos estábeis para a distribución de material da asociación entre as comunidades galegas.
A Mesa, que conta con máis de 3.000 socios e socias, ten algúns dos seus afiliados e afiliadas fóra de Galiza, os cales tiveron un papel moi salientado nalgunhas campañas da asociación, como poden ser as relativas ao Seat Arousa ou á dobraxe dos filmes de Harry Potter ao galego. Os dous principais núcleos da Mesa pola Normalización Lingüística na emigración son, nestes momentos, Barcelona e Madrid.
A Mesa pola Normalización Lingüística