O CPEIG lamenta o descoñecemento da trascendencia da enxeñería en informática na sociedade actual
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), diante da contestación remitida pola adxunta primeira do Defensor del Pueblo, María Luisa Cava de Llano y Carrió, en resposta á queixa presentada por varios colexiados, quere manifestar o seu total desacordo coa desconsideración que amosa o Goberno central cara á Enxeñaría en Informática e a súa regulación.
Na queixa promovida polo CPEIG e remitida por un número significativo de colexiados e enxeñeiros, solicitábaselle ao Defensor del Pueblo que acordase “promover e impulsar desde o seu Gabinete a adopción de medidas por parte dos diferentes organismos competentes para o regulamento das profesións de Enxeñaría en Informática e Enxeñaría Técnica en Informática”.
Na resposta remitida pola adxunta primeira ao Defensor del Pueblo, que se basea en informes dos ministerios de Educación, de Industria, Turismo e Comercio, e de Economía e Facenda, recóllense unha serie de aseveracións que non reflicten a realidade da importancia e transcendencia da Enxeñaría en Informática na sociedade actual.
De acordo cos mencionados informes, a carta recolle que consideran que a regulación das profesións de enxeñeiro/a e enxeñeiro/a técnico/a informático/a “non parece xustificada posto que non se presta de forma directa a consumidores que requiran dunha especial protección por estar suxeitos a danos graves e irreversibles na súa saúde ou seguridade persoal.” Deste xeito, a carta desbota a creación dunha reserva de actividade que “non estaría xustificada en ningún interese público a protexer e prexudicaría seriamente os lexítimos intereses doutros profesionais que hoxe compiten no mercado”.
Diante desas aseveracións, o CPEIG quere lembrar a transcendencia da profesión que defende en ámbitos como son a protección de datos ou a xestión de aeroportos e quirófanos, por poñer só uns exemplos. Para o colexio, a falta de regulación da profesión fomenta o intrusismo, os traballos de baixa calidade e a falla de planificación e recursos.
DIRECTIVA
O CPEIG é un dos colexios profesionais máis activos na defenda dos intereses dos seus colexiados. Con sede en Santiago de Compostela, a directiva do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia constitúena: Fernando Suárez Lorenzo, presidente; Hernán Vila Pérez, vicepresidente; Juan Antonio Valiño García, secretario; María Pilar Dolores Quiñoá López, tesoureira; Ángel Fernández Gándara, vicesecretario; Xosé Antón Campos Silva, vicetesoureiro; Ramón Paz Buján, vogal 1; Miguel Ángel Molinero Álvarez, vogal 2; Eva Marcos Doldán, vogal 3; e Francisco Bago Castro, vogal 4.

SumaComunicación