Camilo Nogueira e Fermín Bouza premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra 2010
Na mesma reunión decidiu outorgar o "Pedrón de Honra 2010" ao catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid e escritor en lingua galega Fermín Bouza Álvarez pola súa traxectoria e pola defensa irredutible da lingua galega desde todas as tribunas públicas nas que participa.
Pedrón de Ouro
Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936), é membro das xeracións galegas de
posguerra nacidas entre 1930 e 1940, comprometidas co seu
desgaleguizado país nos tempos mouros da ditadura franquista.
Depois de facer o bachalerato no Instituto Santa Irene, estudou na Escola Industrial de Vigo, Enxeñaria Industrial en Bilbao e Madrid e Ciencias Económicas en Santiago. Desde 1964 exerceu como responsable de fabricación na factoría Citroën. Foi despedido no 1972 por solidarizarse cos traballadores nas folgas daquel ano. Entre 1973 e 1997 traballou como director de promoción industrial en SODIGA.
Sendo moi novo empezou a participar nas plataformas culturais creadas polas mozas e mozos da posguerra. Formou parte de Galicia Socialista e realizou unha intensa actividade dentro do nacionalismo galego, participando activamente na creación de grupos culturais, políticos e sindicais.
Desde 1964 e durante catro anos presidiu a Asociación Cultural de Vigo que xunto coa coruñesa "O Facho", promoveron e difundiron os populares letreiros "Falemos galego" e "Galego na escola". No mesmo terreo reivindicativo e normalizador, a asociación que presidía logrou a inclusión do galego por primeira vez na radio, concretamente no programa "Raíz e Tempo", que se mantivo en antena de 1966 a 1970.
Na Transición participou na redación das Bases Constitucioais para un Pacto Federal do Consello de Forzas Politicas e foi membro da Comisión dos 16 creada para redactar o primeiro proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia.
Entre 1981 e 1993 foi Deputado no Parlamento de Galicia por Esquerda Galega e PSG-Esquerda Galega e de 1997 a 1999 polo BNG. Na primeiras lexislaturas presentou Proposicións de Lei que darían lugar a textos legais como a Lei de Normalización Lingüística, a Lei de Símbolos, Lei do Valedor do Pobo e a lei de uso do galego na Administración Local. Foi deputado do Parlamento Europeo de 1999 a 2004, realizando un intenso labor de defensa dos dereitos nacionais de Galicia e dos problemas da súa economía, sendo membro da Comisión Constitucional e participando en accións internacionais, sinaladamente contra a guerra de Iraq e as opresións de Palestina ou Chechenia e nos Foros Sociais Mundiais desde 2001. No Parlamento Europeo foi Presidente do Intergrupo de Nacións sen Estado.
É autor dunha numerosa obra ensaística, na que salientan os temas relacionados coa economía e a industrialización de Galicia, sobre o movemento nacional e sobre a historia de Galiza. A súa vella inquedanza da investigación histórica viuna plasmada na publicación de libros co obxectivo, en boa medida, de contrarrestar a historiografía existente dominada pola visión centralista. Como escritor participou na autoría de A Galiza na Encrucillada e O poder industrial en Galicia e foi autor de Población y Desarrollo Económico; A memoria da nación. O Reino de Gallaecia; A Terra Cantada; Galiza na Unión. A porta atlántica; e Europa. O continente pensado. Esta última publicación foi distinguida no ano 2008 cos premios Losada Diéguez e da Crítica-Galicia no apartado de investigación.
Pedrón de Honra
Detrás da figura de Fermín Bouza Álvarez, catedrático de Socioloxía (Opinión Pública) na Universidade Complutense de Madrid, hai un longo percorrido, como activista político, ensaísta de fondo, narrador e poeta. Bouza Álvarez, ademais, ten publicado numerosos artigos de opinión á parte daqueles relativos á súa especialidade. Iso sen contar as moitas conferencias que leva ditadas e a súa participación en debates radiados ou televisados. Todo isto configuraría de seu a personalidade poliédrica deste autor santiagués (de 1946), senón que falta engadirlle o seu papel como promotor do blog “El voto con botas”, defensa irredutible da lingua galega. Con efecto, nestes momentos en que os ventos sopran acedos, cando non violentos, para o noso idioma, Fermín Bouza ten collido o touro polos cornos, e desde o español (o seu blog ten clientela en todo o ámbito estatal) leva adiante un posicionamento belixerante pero razoado a prol do galego. A audiencia do blog de Bouza Álvarez é moi ampla e non é difícil deducir das súas intervencións como o espírito combatente e rigoroso de Fermín vai callando nela. Tamén entre non galegos, que desta maneira dan entendido o por que dunha realidade. É, por tanto, de salientar, a actitude comprometida de quen podendo optar por componendas ou silencios, escolle o camiño pouco doado de loitar pola nosa principal herdanza común.
Ademais, Fermín Bouza tamén cultiva a literatura e en lingua galega é autor de dúas novelas Memoria do Diaño (1980), Longo voo de paxaro (1987) e dous poemarios O tempo na auga (1985) e Labirinto de inverno (1990).
Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra
O Pedrón de Ouro trata de sobrancear aquela personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis se teña destacado na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida.
Co Pedrón de Honra, a Fundación pretende distinguir a personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra da Terra que máis se destacase coas súas achegas ao engrandecemento da Nación e a súa Cultura.
Acto de entrega
O acto de entrega do Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra terá lugar o 23 de maio nun acto literario que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, ás 12,30 horas, no que actuará de mantedor o catedrático de Historia Contemporánea da USC, Xusto Beramendi.