As asociacións Raiolas e Auxilia, premiadas na I Gala Muralla Moda 2010
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, fixo entrega do premio da I Gala Muralla Moda 2010 dotado de 8.575 euros. Gómez Besteiro desprazouse as sedes de Raiolas e Auxilia, colectivos que resultaron gañadores do galardón logo dun sorteo no que participaron todas as asociacións sociais sen ánimo de lucro rexistradas na cidade, para facerlles entrega dun talón valorado en 4.285 euros.
Raiolas é un colectivo formado por pais e nais de personas que sofren autismo, e que traballa pola integración familiar e social. Na provincia, esta asociación atende a máis de 100 persoas, e presta os seguintes servizos: terapias individuais, orientación familiar, logopedia, apoio sanitario e escolar, e mesmo elaboración de material adaptado.
A outra galardoada foi Auxilia, unha asociación formada por un cento de socios e voluntarios que, dende o ano 1972, actúa en 32 Concellos da zona centro de Lugo eliminando barreiras urbanísticas, educativas, formativas, ou laborais, e garantindo a igualdade dos cidadáns malia padecer discapacidades físicas.
O organismo provincial e o Concello de Lugo, xunto a tenda luguesa Dulce Locura, celebraron o pasado mes de abril a I Gala Muralla Moda 2010, un acto benéfico que se enmarca dentro de Lugo10, o progama municipal que conmemora o 10º aniversario do Monumento como Patrimonio da Humanidade.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo