Skip to main content

A Cofradía do Capón de Vilalba celebra unha nova degustación no Mesón de Alberto

No Mesón de Alberto de Lugo, o 9 de xullo, celebrou a COFRADÍA DEL CAPÓN DE VILLALBA unha nova degustación, ofrecida polo Presidente da Cofradía, o avogado vilalbés residente en Madrid, Domingo Goás Chao.

Á degustación asistiron diversas autoridades municipais da provincia, entrelas os alcaldes de Lourenzá (Vidal Martínez Sierra), Guntín (Jesús Carreira), Trabada (José Manuel Yanes Ginzo), e Rábade (Francisco Fernández Montes), e a alcaldesa de Folgoso do Caurel, Dolores Castro.

Por outra parte participaron nesta nova degustación do capón vilalbés o Conselleiro Delegado de Radio Televisión Galicia, José Luis Iravedra Lestal; a Presidenta de Bágoas da Terra de Viveiro, María del Carmen Chipe; o Presidente da Cruz Roja en Lugo, José Luis Abelleira; os publicistas Luis Veiga Veiga, da Terra Chá e Ramón Rodríguez Porto de Chantada, o Director de Bankinter-Lugo, Alonso Vázquez García., o promotor da Feira do Páramo, Jesús Méndez, o arquitecto técnico da Coruña, Juan Carlos Rey Tomé, ademáis dos cofrades de honra da Cofradía Carlos Rodríguez, Antonio Giz e Xulio Xiz.

Esta foi a segunda degustación celebrada na capital lucense na presente tempada, despois da que tivo por marco o Restaurante Casa María celebrada o 2 do presente mes. Próximamente hanse celebrar dúas novas degustacións no Restaurante do Hotel Finisterre da Coruña.

Nesta ocasión, no lucense Mesón de Alberto, preparouse o capón vilalbés de dúas maneiras, como é habitual neste establecemento: Dunha maneira tradicional, como sempre se preparou en Vilalba, asado e con recheo, e cunha receita especial do cociñeiro do Mesón de Alberto, Jorge Fernández, cofrade de honra da Cofradía do capón, creada para a voda do seu irmán cando casou cunha rapaza vilalbesa.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
Cofradía do Capón de Vilalba