Javier Gómez Noya, campeón do mundo de Triatlón
Javier Gómez Noya proclamouse o sábado 11 de setembro campión do mundo de Tríatlon na gran final de Budapest, onde chegaba como segundo clasificado na xeral e pendente do que fixera Jan Frodeno, que nun puido defender o liderato ao afundirse na
carreira a pe dunha forma espectacular.
Antes de comezar parecía case imposible e non por Javi, que chegaba
a esta proba nun momento de forma excepcional, senón polo feito de
que había que meter a dos homes entre el e Frodeno, nese momento
líder na clasificación provisional. Pero o galego estaba disposto a
deixarse a vida na carreira e preparouna a fondo.
Así Gómez Noya foi o primeiro en saír da auga e enfrontou o sector de
bicicleta con algunhas precaucións xa que estaba chovendo e o
pavimento estaba moi escorregadizo. Desta forma, aínda que durante
uns quilómetros houbo cinco escapados (con Javi e Frodeno entre
eles), enseguida se xuntaron todos (un grupo de uns trinta
corredores) e chegaron á transición todos xuntos. Así todo íase decidir
na carreira a pe, pero ninguén esperaba ese guión da película.
Xa na primeira volta das catro que había que dar, o alemán Jan
Frodeno quedou atrás, pero non é que se lle escapara Javi... O líder
estaba afundido e ía vendo como pouco a pouco ía sendo superado por
varios deportistas sen posibilidade de resposta pola súa banda.
Así, Alistair Brownlee e Javier Gómez Noya (os que foran campión e
subcampión do mundo 2009, respectivamente) quedaron xuntos, nun
man a man para decidir o gañador da proba, pero coa seguridade xa
de que o galego sería o campión do mundo 2010. A clasificación do
campionato do mundo deu un cambio total, xa que tanto Jan Frodeno
coma o ruso Alexander Brukhankov perderon a súa posición no podio.
Curriculum espectacular
Este título hai que sumalo ás tres veces que se proclamou campión da Copa do Mundo (que é o equivalente ao campionato do Mundo actual, xa que é o título á regularidade), o
campionato do mundo do ano 2008, o subcampionato do mundo do
2007; campión de Europa 2007 e 2009, subcampión de Europa
2010... Un curriculum envexable. Actualmente é o deportista en activo
máis laureado.
Fotografía: arquivo GD

Mila Alonso (Comunicación Federación Galega de Tríatlon)