O Orfeón Lucense acompaña a peregrinación diocesana de Lugo a Compostela
O Orfeón Lucense, titular habitual dos oficios solemnes da catedral de Lugo, composto
por medio centenar de voces mixtas e dirixido por Xesús Mato, acompaña a "pereginación diocesana" que se despraza a Compostela o 25 de setembro, presidida polo bispo da diocese, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco. O obxectivo desta peregrinación é gozar da graza do Xubileo neste Ano Santo Compostelán.
Nesta chegada a Santiago participan uns 2.000 peregrinos/as de diversos arciprestazgos da Diócese do Sacramento (parroquias de Lugo e das zonas de Monforte de Lemos, Lalín, Sarria, Baralla, Rábade, Melide, Pobra de Brollón...) que se unen en Santiago para baixar xuntos desde o Monte do Gozo ata a Catedral de Compostela a partir das 14:00 h. e participar nunha Eucaristía ás 16:30 h.
Esta celebración relixiosa estará presidida polo Arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, e concelebrada polo bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, e os cregos que acompañan aos peregrinos. Nesta Eucaristía farase a invocación ao Apóstol Santiago que será presentada pola Delegada de Apostolado Seglar da Diócese, Josefina Palmeiro.
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias

Orfeón Lucense / Gabinete de Prensa do Obispado de Lugo