Publicados os textos galardoados co VII Premio Barriga Verde
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo e Baía Edicións coeditan as obras Bon appétit, de Begoña García Ferreira, e Auga que non vas beber…, de Inacio Vilariño (“Inacio”), gañadoras en 2009 do VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para público infantil e para adultos, respectivamente. Ambos os títulos acaban de ser publicados na colección Barriga Verde, que reúne todas as pezas recoñecidas con este galardón convocado anualmente pola Agadic.
A presentación das obras tivo lugar en Santiago de Compostela como actividade complementaria do Festival Galicrequeques 2010, que se celebra dende o pasado día 2 na capital galega. Neste acto participaron Juan Carlos Fernández Fasero, director da Agadic; Xosé Miguel Pazos Castelo, de Baía Edicións; Jorge Rey, presidente da Asociación Cultural Barriga Verde; e o autor Inacio Vilariño.
Edición ilustrada
Nunha coidada edición, con ilustracións a cargo de Fran Pedreira, Bon appétit presenta unha comedia de amor na que a autora mestura estereotipos culturais, o gusto pola comida e a cociña experimental de palabras con poderes máxicos, dando como resultado un “prato” para espertar os sentidos.
No seu ditame, o xurado do premio destacara desta obra o seu canto á gastronomía a través dunha estrutura clásica na que están “moi ben aderezados os ingredientes dramáticos e gastronómicos”, conxunción que crea unha divertida intriga que se resolve con final feliz e se adapta moi ben ao teatro de monicreques especificamente dirixido ao público infantil.
A súa autora, Begoña García Ferreira, é tamén actriz, aínda que nos últimos anos centrouse na escrita de guións audiovisuais e de textos para a escena e para a radio. De feito, en 2008 alzouse co galardón do xurado do II Premio de Diario Cultural de Teatro Radiofónico, convocado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego.
Pola súa banda, Inacio Vilariño –quen asina Auga que non vas beber… como “Inacio”– conta cunha ampla traxectoria profesional no ámbito do teatro de monicreques e, entre outras actividades, na actualidade compaxina a dirección da compañía Fantoches Baj coa do proxecto expositivo galego-portugués Grandepequeno, dirixido a difundir e dinamizar a cultura popular e as súas representacións a escala.
Musical satírico
Na obra que agora ve a luz dentro da colección Barriga Verde, “Inacio” constrúe un “musical satírico para marionetas” que se inspira na tradición oral anticlerical ibérica xuntando contos con cantos, confesións, sermóns, locucións, recomendacións, adagios, proverbios, trabalinguas, adiviñas, ditos e reditos, para contar os amoríos do Padre Damián, párroco de Agolada, coa súa criada Carolina, muller de Xosé o muiñeiro. Neste caso, o xurado valorou no seu día a axilidade e a ironía dun texto que “entronca co teatro de Cachiporra na tradición de Barriga Verde, Blanco Amor e Dieste”.
Outras obras publicados nesta mesma colección son O afundimento do tiránic, de Breogán Riveiro; Misterio en Guernica, de Xosé Manuel Fernández Castro; O soñador, de Gabriel Castilla; Cataventos e compañía, de Celia Díaz; Cucho, Coco e o dilema do seis, de Tino Antelo e O punto da escarola, de Xosé A. Neira Cruz. Todos estes textos resultaron gañadores do Premio Barriga Verde, creado en 2003 co obxectivo de incentivar a escrita de textos dramáticos para levar a escena por medio de monicreques. Tanto o título do galardón como a serie editorial fan referencia ao mítico personaxe inmortalizado polo artista de orixe pacense José Silvent, considerado o precursor do teatro de monicreques en Galicia e fundador do guiñol popular galego.
As obras gañadoras da edición 2010 deste premio, así como do Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil, daranse a coñecer o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela no transcurso da xornada inaugural da décimo oitava edición da Feira Galega das Artes Escénicas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia