Skip to main content

A AETG presentou en A Coruña o programa para a formación para profesionais da sociedade da información

Na Fundación Luis Seoane tivo lugar o acto da presentación do programa Forintel. O Director Xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información estivo acompañado, neste acto, por o Sr. D. José María Barja, Reitor da Universidade de A Coruña, o Sr. D. Angel Viña, Presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), e o Sr. D. Fidel Cacheda, Presidente da Internet Society Galicia (ISOC). Este programa de formación continua persegue un dobre obxectivo: Satisfacer a demanda de Formación dos profesionais das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) e contribuír á cualificación dos profesionais creando un foco de elite que poda fomentar na nosa Comunidade Autónoma o desenvolvemento das tecnoloxías e formas de negocio baseadas nelas. A data de hoxe, este programa de formación imparte clases ós profesionais das mais importantes empresas tecnolóxicas galegas como son, entre outras, Intel Telecom, R, Televés, Denodo Technologies, Arteixo Telecom e Megasoftware e Comunicacións. Un dos elementos máis importantes para potenciar o desenvolvemento das Tecnoloxías, é contar con profesionais altamente cualificados que podan aportar ós seus coñecementos nas empresas tecnolóxicas nas que desenrolan o seu traballo. Este programa de formación facilita este cometido, comenta Ángel Viña, Presidente da AETG. O Programa Forintel articúlase en tres áreas: Redes de Comunicación, Servicios Telemáticos e Internet e, un área híbrida na que se mesturan temas do eido das Telecomunicacións e a Informática. Organizado e posto en marcha desde a AETG en colaboración coa Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) e coa Internet Society Galicia, o Programa Forintel está ademais avalado e cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Por outra parte, a AETG promove o Encontro do Sector das Telecomunicacións ó que asisten o Director Xeral para o Desenvolvemento da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Director Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial da Consellería de Industria, o Director Xeral de Comunicación e Audiovisual da Consellería de cultura e altos directivos das máis destacadas empresas do sector das Telecomunicacións. Un diálogo aberto sobre o estado do sector das telecomunicacións en Galicia, os planes da administración central e autonómica e as opinións das empresas galegas tecnolóxicas máis importantes da nosa Comunidade centran este encontro profesional. Asemade, trataranse temas relacionados coas competencias do Sr. D. Rafael Sagrario Durán respecto ó impulso e desenvolvemento da Sociedade da información en todos os sectores, con maior incidencia, en como afectan estes plans no desenvolvemento nesta materia de Galicia. En Galicia os profesionais das Telecomunicación supoñen case un 10% do total dos profesionais deste sector en España. Asemade, na nosa comunidade, contamos con empresas moi importantes e con peso dentro do sector. Así, este tipo de encontros, organizados regularmente dende a Asociación de Enxeñeiros de Galicia, responden ó obxectivo de crear vínculos e detectar ás necesidades tanto das empresas tecnolóxicas como dos propios profesionais, coa finalidade de impulsar o sector das TIC na nosa Comunidade. En Santiago de Compostela, este encontro que reúne a profesionais das Telecomunicacións, a directivos das empresas máis relevantes do sector en Galicia e a representantes do Goberno Central e Autonómico, é outras das iniciativas da AETG coa que se pon de manifesto a preocupación do sector porque Galicia non se quede atrás no desenvolvemento da Sociedade da Información.

Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia