Compostela acolle a II Noite da Enxeñaría Informática en Galicia
O Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, acolle o venres 15 de outubro a partir das 20:30 horas a celebración da Segunda Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. O acto, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia co apoio de diversas empresas e institucións vencelladas ás novas tecnoloxías, ten como obxectivo recoñecer as iniciativas e persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática. Está previsto que participen uns 200 colexiados e colexiadas, ademais de destacadas autoridades dos eidos político e universitario. Os premiados na gala serán:
Premio ao Proxecto Innovador: a factura electrónica da Consellería de Facenda.
Premio á Traxectoria Profesional: Pablo Santos Luaces, conselleiro delegado e fundador de Códice Software.
Premio Iniciativa Empresarial: Clúster TIC de Galicia.
Premio Iniciativa da Administración: 2014.gal Axenda Dixital de Galicia.
Premio Proxecto Fin de Carreira: Roberto Rey Expósito, co proxecto Deseño e Implementación dunha Biblioteca de Comunicacións en Java para Paso de Mensaxes sobre a Rede Infiniband. Esta modalidade conta cunha achega económica de 1.000 euros.
Agás no caso da persoa premiada co galardón ao Proxecto Fin de Carreira, os demais premiados recibirán unha estatuíña e un diploma acreditativo, sen dotación económica.
Para a organización desta Noite, o CPEIG contou coa colaboración e apoio económico de diversas entidades e empresas que operan no eido das novas tecnoloxías. Como patrocinadores de ouro: Hewlett-Packard, Telefónica, Bahía Software, Plexus, Altia, Atos Consulting, Everis, Bull e Xunta de Galicia. Como patrocinador de prata: Coremain.
Patrocinadores de bronce: Tecnocom, IECISA, T-Systems, Balidea e INSA. Así mesmo, a entidade La Caixa tamén apoia economicamente a Segunda Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.
Os colexiados e colexiadas gozarán dunha noite ideada para o encontro e intercambio lúdico, que se pechará cunha cea no Hostal dos Reis Católicos. A entrega de premios, prevista para as 21:15 horas será conducida polo artista Miguel Lago –coñecido por ser o monologuista máis novo de todos os que actuaron ata o momento no Club de la Comedia e colaborador habitual da Paramount Comedy, ademais de actor no “reality” Curso del 63- e contará tamén coa actuación do grupo de música Alo-Django Alo-Django.

SumaComunicación