Skip to main content

O Orfeón Lucense, no Rosal

No recital interveu, asì mesmo, a coral Eixil de Cedeira (A Coruña). O Orfeón ofreceu un recital de canción galega, no que destacou a cantiga LXXVII de Alfonso X o Sabio, dedicada a Nosa Señora dos Ollos Grandes, a da Catedral de Lugo, que ten a orixinalidade de ser unha imaxe da Virxe cun peito descuberto dando de mamar ó Neno, titulada “Da que Deus mamou”.

O Orfeón Lucense é o coro titular da Catedral de Lugo, e ten esa canción como un himno particular e benquerido que forma parte da práctica totalidade dos seus repertorios.

O concerto rematou co tema O GALOPÍN, cantado polos tres coros, e dirixido polo titular do Orfeón Lucense, Xesús Mato.

A Coral do Rosal virá con posterioridade a Lugo como devolución de visita desta actuación dos orfeonistas lucenses no concello do Rosal (Pontevedra).
Orfeón Lucense