O Outono pondaliano gaba a contribución de Pondal á intelectualización do galego
“Eduardo Pondal constitúe un excelente exemplo dos intelectuais e creadores que foron construíndo o noso idioma mediante a súa elaboración e intelectualización na escrita e tamén na oralidade”. Así se referiu o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, ao poeta de Ponteceso durante o acto de clausura de Outono Pondaliano, un programa de formación e divulgación lingüística centrado na figura do escritor.
Durante a súa intervención, Anxo Lorenzo fixo fincapé no interese do proxecto Outono Pondaliano para a difusión do estudo e a preservación da vida e da obra de Eduardo Pondal, a través dun “programa no que a lingua galega contou cun papel central”. Boa mostra disto son actividades como “A experiencia lingüística do Ben falado!”, “A experiencia lingüística a través do teatro” e “A experiencia lingüística a través do audiovisual”, as tres dentro do XIV Simposio Pondaliano, ou “Percorrido didáctico pola toponimia de Ponteceso”, dentro do ciclo temático “Aula viaxeira pondaliana”.
Iniciativas arredor de figuras senlleiras das letras galegas
Finalmente, o secretario xeral recordou que Política Lingüística “mantén unha colaboración permanente con entidades de diferentes ámbitos sociais que xogan un papel destacado a prol da difusión social do galego, co fin de contribuír ao desenvolvemento das súas actividades máis senlleiras”. Iniciativas como a da Fundación Eduardo Pondal, “pero tamén doutras entidades que xorden arredor dunha figura senlleira das letras galegas, como a Fundación Vicente Risco, a Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Carlos Casares ou a Fundación Rosalía de Castro”, explicou Anxo Lorenzo.
Xunto con Anxo Lorenzo, tamén participaron na clausura de Outono Pondaliano o alcalde de Ponteceso e presidente da Fundación Eduardo Pondal, José Luis Fondo; os membros desta entidade José María Varela e Luis Antonio Giadás e a concelleira de Cultura de Ponteceso, Susana Cousillas.
Actividades do programa
Outono Pondaliano, que levou a cabo a Fundación Eduardo Pondal durante todos os martes do mes de novembro, contou coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Este programa de formación e de divulgación lingüística e cultural artellouse en seis ciclos de actividades –“Creatividade pondaliana”, “Aula viaxeira pondaliana”, “Encontros pondalianos”, “XIV Simposio Pondaliano”, “Libros pondalianos” e “Cestería viva”– e nel participaron diversos persoeiros da cultura galega, entre eles, Xesús Ferro Ruibal, Anxo Angueira e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia