Skip to main content

O Centro Cultural de Begonte convoca o XXI Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

1.- O Premio JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de arte está dotado con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos.
2.- Adxudicarase á obra pictórica (considerada no sentido máis amplo) que resulte seleccionada polo Xurado calificador, que estará formada por especialistas na materia xunto con representantes do centro convocante.
3.- Poderán optar a este premio obras de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), de tema libre, e con tamaño máximo de 1,5m X 1m., con ou sen marco.
4.- Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, acompañadas dos datos identificativos de obra e autor.
5.- As obras, debidamente protexidas para evitar calquera deterioro, serán remitidas libres de gastos ó Centro Cultural de Begonte. Seranlles devoltas libres de gastos ó enderezo que indiquen.
6.- O prazo de presentación remata ás 12h. do día 25 de decembro de 2010. O Xurado seleccionará de entre as obras presentas a gañadora do Certame.
7.- A obra premiada quedará en propiedade da entidade convocante. As non premiadas serán devoltas ó remate do Certame.

Do 29 de decembro ó 13 de xaneiro, as obras presentadas ó Certame estarán expostas na Sala de arte do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. E do 15 ó 29 de xaneiro de 2011, na Casa da Cultura de Begonte.
Centro Cultural José Domínguez Guizán