O V Circuito Galego Nadal Máxico 2010 celébrase entre o 17 de decembro e o 16 de xaneiro en 20 concellos
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presentou en San Caetano a celebración do V Circuito Galego de Maxia Nadal Máxico 2010, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración cos concellos de Galicia e coa Asociación de Magos Profesionais de Galicia. O acto de presentación contou ademais coa participación do presidente da Asociación de Magos Profesionais de Galicia, Martín Camiña.
Do 17 de decembro ata o 16 de xaneiro, a quinta edición do circuíto permitirá presentar ao público galego a gran calidade da maxia creada en Galicia e recoñecer o seu alto grao de desenvolvemento cunha personalidade propia moi marcada. O director xeral de Cultura amosou na súa intervención, “a implicación total da Xunta de Galicia con este sector, que enche de fantasía e ilusión as nosas vidas, e que tantos sorrisos provoca en nenos e maiores”.
Francisco López asegurou que “en tempos difíciles, precisamos do ilusionismo para manter a ilusión” e agradeceu “o labor que está a realizar a Asociación de Magos Profesionais, levando a maxia a todos os recunchos de Galicia desde o seu colectivo”. Do mesmo xeito, o director xeral valorou de xeito moi positivo unha iniciativa que “invítanos a descubrir novas posibilidades e novos mundos dentro do que vivimos”.
Catorce magos en 20 concellos
A Gala Nadal Máxico 2010 terá unha itinerancia por 20 concellos nos que intervirán 14 magos. Redondela, Porto do Son, Baiona, Arbo, Baños de Molgas, O Carballiño, Cervo, Carballo, Xove, Chantada, Monforte de Lemos, Vilanova de Arousa, As Pontes de García Rodríguez, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Ortigueira, Meaño, Betanzos, Allariz e Ribadumia serán os concellos onde a Asociación de Magos Profesionais de Galicia levará o seu espectáculo áxil e dinámico no que participarán varios ilusionistas de diferentes estilos. O espectáculo, dirixido a todos os públicos, pretende amosar a maxia galega como referente de calidade de toda a cultura galega.
A edición de Nadal Máxico 2010 permitirá disfrutar do saber estar, a experiencia e as ilusións máis insólitas do Mago Antón; as maxias máis irreverentes do Mago Richard; o humor máxico e televisivo do Mago Romarís; a maxia de primeira man, de todo un premio mundial de maxia con cartas, Kiko Pastur e a persoa que é axudada pola maxia das pombas, Mago Pablo. Será a oportunidade de asombrarse co humor e a participación do público con todo un presentador coma o Mago Cali; a maxia da manipulación dos obxectos, “dez dedos dez axudantes”, con Javier Muro; un mago que ten a capacidade de converterse na persoa que queira, Cayetano Lledó; un dos magos máis máxicos o Magomimo Anyo e por último o premio nacional de maxia, Martín Camiña; a maxia alemán galega, a colaboración do público e as cordas, do Mago Norberto; a maxia que nos atrapa, oprime pero que precisa dun escapista, coma é o Mago Benxamín; a intelixencia máxica do televisivo e premio nacional de maxia, Román García, e as grandes ilusións para finalizar, de todo un mestre, o Mago Vituco.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia