O Náutico de Vigo consigue a medalla de bronce na Regata Internacional de Oporto
O equipo de Oito con Temoneiro do Real Club Náutico de Vigo composto polos remeiros Alexandru Mihaila; Martín Hermelo; Rubén Abad, Jaime de Haz; Alfredo Iglesias; Manuel Mendoza; Adrián Clemente e Daniel R. Lombao con Alex Cerviño de temoneiro, conquistou brillantemente a medalla de bronce na Regata Internacional de Inverno de Oporto, celebrada no río Douro e organizada pola Asociación Norte de Remo da Federación Portuguesa.
Unha regata tradicional que discorre río arriba cun percorrido aproximado de 3.500 metros. A saída estaba situada preto do estuario da desembocadura do Douro e a chegada no maxestuoso Ponte de D. Luís, fronte a Vila Nova de Gaia.
Participaron nove equipos, con sete portugueses e dous galegos, o R.C.Náutico de Vigo e o Club Remo Miño de Tui. A súa actuación foi magnífica, porque se os vigueses foron terceiros, os tudenses seguíronlles a continuación na cuarta posición.
Desde os primeiros metros as tripulacións de S.C. Porto, Fluvial Potuense, Náutico de Vigo e Miño de Tui tomaron a iniciativa, dominando con claridade a todos os seus adversarios. Durante moitos metros mantiveron as súas proas igualadas, ata que no último tramo o equipo de Porto puxo medio barco por diante moi ben secundado a apenas uns metros por Fluvial, Náutico de Vigo e Miño de Tui.
A meta ditou sentenza e a vitoria anotouna o S.C. Porto con 12’52”; seguido de Fluvial Portuense con 13’00”; Náutico de Vigo, terceiro con 13’11” e Miño de Tui cuarto con 13’20” seguíndolles os demais, até nove clasificados.

Gabinete de Comunicación do Real Club Náutico de Vigo