9 galegos, entre os 50 mellores do taekwondo mundial na súa categoría
A WTF (Federación Mundial de Taekwondo) ven de publicar o ranking mundial 2010, que recolle as puntuacións obtidas nos campionatos do mundo, continentais, campionatos universitarios e nos opens homologados pola WTF. Nesta edición do ranking, Galicia ten unha presenza numerosa, pois destaca a presenza de 14 deportistas galegos/as entre os 100 primeiros clasificados das súas categorías.
A WTF pretende con este ranking establecer unha valoración
obxectiva do nivel das e dos deportistas ao estilo das que xa existen
noutros deportes como o tenis.
Estefanía Hernández e Andrea Rica están nos postos de honra,
xa que a primeira atópase entre as catro mellores competidoras do
taekwondo mundial polos resultados acadados no Campionato do
Mundo (3ª); Campionato de Europa (3ª); Copa de Europa (1ª);
Campionato do Mundo Universitario (3ª); Open de Alemania (2ª) e
Copa do Mundo por equipos (finalista) e, pola súa banda, Andrea
aparece no 7º posto da categoría olímpica grazas aos seus logros no
Campionato do Mundo (3ª); Campionato de Europa (3ª); Copa do
Mundo por equipos (finalista) e Open de Alemania (1ª).
Rebeca Mariño, Lúa Piñeiro e Laura Lorenzo ocupan os postos 28, 32
e 38, respectivamente, polas súas actuacións nas competicións
internacionais de referencia durante o ano 2010, a pesar de que a
Federación Española no permitiu a participación de Lúa –campioa de
España- na Copa de Europa, restándolle a posibilidade de ascender
no ranking. Desta forma, son cinco as competidoras galegas que
ocupan postos entre as 50 mellores do mundo das súas categorías.
Na categoría masculina a presenza galega é de nove deportistas
entre os 100 mellores do ranking, catro deles entre os 50 primeiros
clasificados. Algunhas lesións que impediron a participación dos
galegos máis punteiros nos eventos de 2010 relegaron a Raúl Bouzas,
José Fernández e José A. Carregal ós postos 39, 44 e 61
respectivamente. A mellor posición no ranking obtívoa Javier Sieira co
posto 36 pola súa magnífica actuación no Open Británico. Gerardo
Ortiz, Fernando Rascado, Borja Ríos e Pablo Carou continúan a lista
de galegos entre os 100 primeiros do mundo ocupando os postos 47,
65, 73 e 96 respectivamente.
É salientable que o veterano Miguel Cortegoso, cos corenta cumpridos
e tras unha tempada con lesións que lle impediron brillar ó nivel que
desexaba, estea presente no ranking no posto 134. Pola súa banda,
José Antonio Andrade ocupa o posto 116, un deportista moi novo que
está amosando o seu gran potencial.
2010 foi, a pesar dalgunhas lesións inoportunas, un espléndido ano
para os competidores galegos, que xa pensan en Londres 2012. Para
chegar aos xogos traballarán arreo durante o 2011, agora coa vista
posta xa na importante cita do campionato de España, clasificatorio
para os opens internacionais e para o Mundial 2011.

Federación Galega de Taekwondo