As mulleres con discapacidade, protagonistas da campaña do 8 de marzo
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, presentou a campaña institucional para conmemorar o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que este ano ten como protagonistas ás mulleres con discapacidade e que, baixo o lema “Vivir a diferenza, garantir a Igualdade”, diferencia entre a visualización das diferenzas, pero propugna garantir a igualdade para todas as mulleres.
Na presentación da campaña, no salón de actos da Escola Galega da Administración Pública (EGAP), Marta González estivo acompañada polo director da EGAP, Pablo Figueroa, e pola secretaria xeral de Familia e Benestar Social, Susana López Abella, que presentou os primeiros resultados do estudo “Xénero e Discapacidade: Aproximación á situación das mulleres con discapacidade en Galicia”, que se está a realizar entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral de Familia e Benestar, para debuxar o perfil xeral das mulleres con discapacidade en Galicia.
A secretaria xeral da Igualdade explicou que a campaña institucional que conmemora o 8 de marzo, está protagonizada polas mulleres con discapacidades, “porque o delas é un camiño máis longo que o do resto das mulleres para acadar a igualdade de oportunidades e a garantía dos seus dereitos”. Ademais, está dentro dos compromisos asumidos polo departamento de Igualdade no I Plan de Acción Integral para as persoas con Discapacidade 2010-2013, para avanzar na consecución de maiores cotas de igualdade para a poboación galega con algunha discapacidade.
A secretaria xeral lembrou que as mulleres con discapacidade “afrontan máis desigualdades no disfrute dos seus dereitos como persoas, no seu acceso e permanencia no emprego, na educación, na protección social, no dereito ás relacións afectivas, á maternidade, na propia imaxe que a sociedade e os medios de comunicación reflicten delas” e un dos obxectivos desta campaña do 8 de marzo, “é visualizar esas diferenzas, pero traballar para promover e garantir a igualdade para todas as mulleres”.
A campaña e o programa
A responsable de Igualdade do goberno galego explicou que o lema “Vivir a diferenza, garantir a igualdade” representa que existen diferenzas entre unhas persoas e outras, diferenzas físicas e psicolóxicas, pero iso non debe implicar unha diferenza no que se refire aos dereitos e oportunidades que debemos ter na vida.
Ademais, o número 8, que é o símbolo central da campaña, en relación co día 8 de marzo, tamén é unha maneira de representar a toda a sociedade: gráficamente, os diferentes os oitos son de distintas cores, xa que as persoas somos diferentes, pero podémonos agrupar de tal maneira que formemos un todo –a trenza de oitos elixida como símbolo para a campaña-, garantindo a igualdade e diluíndo as diferenzas.
Marta González avanzou que este ano, como o día 8 de marzo coincide co martes de Entroido, a Xunta de Galicia decidiu adiantar ao día 7 o acto principal para conmemorar esta xornada.
De feito, o acto principal será a presentación na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, da biblioteca “Concepción Arenal de Estudos das Mulleres”, que recompila o importante fondo bibliográfico e documental que en materia de estudos das mulleres se ten agrupado durante case vinte anos de políticas de igualdade na comunidade autónoma.
No mesmo acto presentaranse os tres primeiros volumes dos catro que forman a obra colectiva “Historia das Mulleres en Galicia”. Unha obra, coordinada pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela Ofelia Rey Castelao, que ven a encher o baleiro existente na nosa historiografía en relación á vida das mulleres, e ás súas achegas á nosa historia. Esta colección consta de catro volumes: Prehistoria e Historia antiga; Idade Media; Idade Moderna e Época Contemporánea.
As conmemoracións do Día Internacional da Muller comezan xa mañá, coa inauguración na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela da exposición de fotografía “Mulleres no obxectivo”, unha mostra colectiva de 23 fotógrafos e fotógrafas galegas que desprega, desde unha óptica de normalidade e respeito, imaxes que nos achegan ao día a día das mulleres e a súa relación cotiá co traballo ao longo da historia, avanzando paso a paso cara a unha igualdade cos homes en todas as ocupacións e postos de traballo. Ademais das fotografías, nesta exposición se proxectará “Mulleres XX”, unha peza audiovisual sobre a muller galega e o traballo.
As mulleres galegas con discapacidade
Pola súa banda, a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, presentou os primeiros resultados do estudo “Xénero e Discapacidade: Aproximación á situación das mulleres con discapacidade en Galicia”, un compromiso asumido polas secretarías de Igualdade e de Familia e Benestar no Plan de acción integral para as persoas con discapacidade 2010-2013.
O estudo mostra que as persoas con discapacidade atopan numerosos atrancos de toda índole ao longo da súa vida, pero, no caso das mulleres, estes atrancos multiplícanse pola chamada “dobre discriminación”, por ser mulleres e por ser persoas con discapacidade.
As mulleres teñen atrancos no contorno inmediato, como é a propia familia, relacionados por unha banda pola sobreprotección, contraproducente nalgúns casos, ou co mantemento de roles tradicionais de coidado doméstico e de persoas, que dificultan a formación, o emprego ou a participación social das mulleres con discapacidade, ás que se lles asigna – se a súa discapacidade o permite- o coidado de maiores, menores, da casa ou do campo, no caso do rural.
No eido da participación social, o tema do asociacionismo das mulleres con discapacidade reproduce a realidade do asociacionismo das entidades de iniciativa social en xeral: se ben as mulleres son maioría entre as persoas asociadas de base, as xuntas directivas están ocupadas maioritariamente por varóns. Cabe destacar a creación de comisións de igualdade e asociación dedicadas especificamente ás necesidades das mulleres con discapacidade, o cal indica que se está no bo camiño cara a visibilización deste colectivo.
O tema da sexualidade e das relacións de parella semella seguir sendo en certa medida un tema tabú, particularmente no caso das mulleres. Existen moitas reticencias por parte da familia a que sexan informadas neste ámbito e cheguen a ter parella. Hai unha estigmatización social no que se refire áa maternidade en mulleres con discapacidade que aínda se mantén. As posibilidades dependen do grao de discapacidade, pero é preciso que esta maternidade se apoie con recursos e axuda que lles permita desenvolver correctamente esta parcela da súa vida.
A violencia de xénero é outro ámbito no que o estudo proporciona información importante. Por unha banda, existe a percepción de que se producen un grande número de casos, entre as mulleres con discapacidade, que nunca chegan a ser coñecidos nin denunciados, especialmente nas zonas rurais. Por outra banda, existen numerosos atrancos na potencial denuncia da muller con discapacidade. A vulnerabilidade multiplícase no caso das mulleres con discapacidade, menos informadas, con menos acceso aos recursos.
De feito, sinalou López Abella, os malos tratos psicolóxicos parecen ter unha incidencia maior no ámbito da muller con discapacidade, e as súas consecuencias a longo prazo son moi graves para a súa autoestima e benestar. Mención aparte merecen os abusos sexuais, aproveitando as súas dificultades; o abuso agrávase coa falta de credibilidade que lle outorga á muller o contorno social.
“Para poder por en marcha actuacións que favorezan a igualdade de oportunidades para todas as mulleres, sen excepción, é preciso recoñecer estas situacións, e este é un dos obxectivos desta campaña do 8 de marzo, visualizar esas diferenzas, pero traballar para promover e garantir a igualdade para todas as mulleres” rematou a secretaria xeral de Familia e Benestar.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia