Luis Tosar cambia de papel para o novo proxecto de Implicadas no Desenvolvemento
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/luis_tosar_3.jpg)
Non é a primeira vez que Luís Tosar, que é socio da organización, deixa patente o seu compromiso participando nunha actividade organizada por Implicadas no Desenvolvemento. Apoiar a campaña 1 de 200, presentar, unha vez máis, o festival Implícate, noite de música e palabra solidaria este 2011 ou prestar a súa voz á gravación ao teaser Quererás ser son só algúns exemplos.
E non será a última. Neste marco desenvolverase tamén o proxecto audiovisual Cambia de Papel, un documental dirixido, guionizado e producido polo propio Tosar e María Reimóndez, Presidenta de Implicadas, no que se analizarán os diferentes papeis que as persoas poden desempeñar, e como un cambio de papeis supón cambios significativos nas vidas propias e alleas. O proxecto conta coa participación de activistas, persoal e beneficiarias dos proxectos que Implicadas leva a cabo en Tamil Nadu (India) e coa aparición do propio Tosar e Reimóndez. A gravación terá lugar entre o 14 e o 24 de marzo.
Implicadas no Desenvolvemento