Cántigas e Frores presenta o XXIX Curso de Cultura Tradicional Galega
A Asociación Cultural “ Cántigas e Frores” presentou a que será a XXIX edición do Curso de Cultura Tradicional Galega que terá lugar na cidade de Lugo os días 21,22 e 23 de Abril de 2011.
Á presentación do curso asistiron o director artístico da Asociación, Bruno Villamor e Mónica Fernández, secretaria da Asociación e coordinadora do curso.
A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” ven organizando de xeito continuado, durante os últimos 29 anos, este curso no que se ofertan ensinanzas relacionadas coa cultura tradicional galega. O curso dende o seu comenzo está ubicado temporalmente nas datas da Semana Santa e durante os 28 anos de vida do mesmo, mantivo unha estructura dinámica que se foi adaptando ás demandas do alumnado asistente e ás tendencias do momento no relativo ó ensino dos diversos aspectos relacionados coa nosa cultura tradicional.

Asociación Cultural Cántigas e Frores