O CETAL e Ibader promoven unha xornada técnica sobre residuos gandeiros
O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, en colaboración co Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, da USC, (IBADER), celebra un ciclo de xornadas técnicas sobre xestión e revalorización de subprodutos procedentes do sector agroalimentario. A primeira destas xornadas terá lugar o xoves, día 28 de abril, na Escola Politécnica Superior de Lugo, e estará adicada, nesta ocasión, á Xestión de Residuos Gandeiros.
Dende o CETAL explican que “a revalorización de residuos e subprodutos agroalimentarios non só contribuirá á defensa do medio ambiente, senón tamén á mellora da competitividade de numerosas empresas e explotacións agroalimentarias; tanto pola redución de custes que implica, como pola incorporación de novos produtos de maior valor engadido”. Con respecto aos valores engadidos, no Centro inciden en que “esta é unha liña de traballo prioritaria seleccionada polo CETAL dentro da súa estratexia global de apoio e impulso á innovación de produtos e procesos para adaptalos ás novas esixencias de competitividade que presentan os mercados”.
A xornada, para a que xa hai 60 inscritos, desenvolverase ao longo do día, no que haberá diversas charlas e conferencias. Na inauguración do evento estarán o director xeral do CETAL, Eduardo Vidal, e o director do IBADER, Antonio Rigueiro. Entre os temas que se exporán atopamos o tratamento dos puríns, con experiencias doutros lugares de España; os aspectos agronómicos e ambientais de aplicar puríns en cultivos forraxeiros; a separación do purín en sólido-líquido; o tratamento de esterco de polo a través de técnicas de deshidratado e granulado; Fabricación de adubos orgánicos axeitados para agricultura ecolóxica a partir da compostaxe e vermicompostaxe; entre outros.
Entre os participantes estarán Ramón Lamelo Otero, do servizo de produción agraria sustentable e sanidade vexetal, da consellería do Medio Rural; Xavier Flotats Ripoll, de GIRO Centro Tecnolóxico – Universidade Politécnica de Cataluña; Aritz Lecuona Recalde, director xeral de “Ekonek Innovación en Valorización de Subprodutos”, do País Vasco; Mª Dolores Báez Bernal, investigadora de INGACAL, do Departamento de Pastos e Cultivos, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo; Luis Seoane, presidente da “Granxa UGASMA”, (Boimorto, A Coruña); Marta González Moldes, xerente de “Trillium Consultores”, (Silleda, Pontevedra); Juan Carlos Serrano López, xerente de “AVIPORTO S.L.”, (Portomarín, Lugo); Sergio Quiroga e Julio Eiroa, de ”ECOCELTA”, (Ponteareas, Pontevedra); e José Antonio López Sierra, enxeñeiro agrónomo, de Agroamb-Prodalt y Sierra Xestión.

Gabinete de Comunicación CETAL