Skip to main content

A Xunta de Goberno do CPXG admite a trámite a solicitude de amparo dun xornalista da TVG

A admisión a trámite da cumprimento ás obrigas establecidas no artigo 12 dos vixentes estatutos do CPXG, que inclúen a defensa dos dereitos profesionais diante das autoridades, entidades, empresas e particulares, a atención diante dunha situación de conflicto que ameace, por calquera razón, a continuidade do exercicio profesional, a mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo os seus traballos, a defensa profesional dos colexiados, a contribución a garanti-la independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega, a defensa, de acordo co artigo 20.1 da Constitución Española, do dereito á liberdade de información e de expresión garantidas a tódolos cidadáns e a salvagarda da sociedade de información que tendan a deformar voluntariamente a realidade dos feitos. A Xunta de Goberno, en cumprimento das súas obrigas, pronunciarase sobre este asunto logo de escoitar a tódalas partes implicadas.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia