Skip to main content

Conferencias do escritor galego Sangiago Jaureguízar en Bruxelas e Cáceres

A intervención de Jaureguizar na librería lusa de referencia en Bruxelas versará sobre a ínfima repercusión que a literatura galega acada en Portugal, malia o ricaz pasado común e as ligazóns culturais e lingúísticas. Os portugueses identifican a Camilo José Cela e Torrente Ballester coma puntais da literatura galega actual e, no máis optimista dos supostos, saben de Rosalía de Castro e de Manuel Rivas. Mantense unha idea da literatura moderna galega como unha literatura rural e costumista, malia que os xornais empezan a amosar interese por amosar a faciana cosmopolita e bo momento creativo do que goza a narrativa do noso país. O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres convidou a Jaureguizar ás xornadas A literatura galega contemporánea dende a
perspectiva editorial. O escritor falará o luns sobre ¿De que falamos cando falamos de narrativa galega?  debuxando o panorama dunha literatura ben desenvolventa e homologable á de calquera outro país no ámbito creativo, pero que enfronta atrancos no plano práctico. Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965) traballa na sección de Cultura do
xornal El Progreso. Ten editados dez libros, entre os que cómpre salientar Casa Skylab (Premio Xerais 2003) e Breve crónica universal da clase obreira (Premio Lueiro Rey 2001). 
 
Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)