O V Encontro Asociativo Xuvenil Emax reúne a mozos galegos e portugueses
O Auditorio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) acollerá os días 28, 29 e 30 de outubro o quinto encontro asociativo xuvenil “EMAX”, que reunirá na vila arousá a mais de un millar de membros de asociacións de Galicia e do norte de Portugal. Os mozos e mozas representantes das entidades xuvenís terán a oportunidade de mostrar o seu traballo asociativo, así como de intercambiar experiencias e ideas.
Así o anunciou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo director para a rexión norte do Instituto Portugués da Juventude, Vítor Dias. No acto tamén estiveron presentes o alcalde da localidade, Tomás Fole; a concelleira de Xuventude, Marta Rodríguez.
O EMAX celébrase desde hai cinco anos alternando cidades galegas e portuguesas –en 2010 celebrouse en Chaves- e está concebido como unha gran feira de emprendedurismo e participación para a mocidade. Está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e polo Instituto Portugués da Juventude, en colaboración coa Federación Nacional de Asociaçoes Juvenís de Portugal, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Fundación Galicia Europa. Conta con financiamento da Unión Europea a través do proxecto xuvenil ‘Emprende’, do programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal.
Para o director xeral de Xuventude o obxectivo principal desta mostra é o de “expoñer á mocidade e á cidadanía en xeral o enorme potencial e a forza que teñen as asociacións xuvenís, así como demostrar que a través da participación e do asociacionismo os mozos e mozas poden conseguir levar a cabo proxectos moi interesantes de emprendedurismo”.
O EMAX está dirixido de maneira principal a membros de asociacións ou grupos informais que teñan levado a cabo proxectos en común, ou que estean pensando en desenvolver accións de emprendedurismo. Sen embargo, este evento tamén está aberto á participación de mozos e mozas en xeral, que teñan entre 18 e 30 anos. As inscricións, gratuítas pero imprescindibles, realizaranse a través da plataforma web ‘www.xuventude.net’.
Para facilitar o desprazamento a Vilagarcía, os organizadores porán a disposición dos inscritos unha rede de autocares que percorrerán todas as comarcas de Galicia. Os participantes contarán dende a noite do venres ata o mediodía do domingo con aloxamento e mantenza en diferentes hostais e residencias xuvenís da cidade.
Os asistentes terán a oportunidade de participar en distintos tipos de actividades estruturadas por áreas: ‘Área Emprende’, ‘Área Asocia’ e ‘Área Informa + Inicia’. Nestes espazos, os mozos e mozas participarán en mesas de asesoramento emprendedor e de asociacionismo, así como tamén se celebrarán diversos seminarios de traballo en torno ao asociacionismo, ou de habilidades e iniciativas.
O EMAX porá a disposición de cada entidade xuvenil participante un espazo para a exposición de ideas, actividades e proxectos, con zona de stands das diferentes entidades e colectivos participantes. Tamén haberá un espazo multimedia para a exposición dos traballos de creación e divulgación realizados por mozos e mozas.
No exterior desenvolveranse actividades de ocio alternativo para os mozos e mozas con actividades de multiaventura, rotas en galeón e dorna pola ría, talleres de graffiti ou actuacións musicais, teatrais, de monólogos e de maxia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia