O BNG propón no Congreso rematar coas abusivas comisións bancarias por contas correntes ou de aforro
As comisións por mantemento de conta corrente aumentaron no 2011 un 22,27%, manter unha conta de aforro é un 22,87% máis caro, e as tarxetas de pago se encareceron un 17,05% no caso das de débito.
Ademáis, puntualiza, as comisións estánse estandarizando en torno aos 30 euros anuais, “gravando incluso con cantidades adicionais nos casos de saldos medios inferiores aos 3.000 euros. Están discriminando ás persoas con menos recursos que sufren unha penalización maior”. A suba das comisións bancarias tamén se está a aplicar aos servizos financeiros básicos como o mantemento de contas correntes ou de aforrro que deberían estar exentas.
“Non é admisíbel que a simple administración de depósitos en bancos implique nengún gasto, situación que non se deberiá consentir de maneira indefinida”. Jorquera considera que as consecuencias negativas para millóns de persoas por estas prácticas abusivas, “confírenlles un interese público e social que deben obrigar ao Goberno a adoptar medidas”.
As propostas do BNG
Entre as medidas que propón o portavoz do BNG, está a de instar ao Goberno a adoptar decisións que impidan que se produzan aumentos das comisións mentras dure a crise económica. Tamén se empraza ao Executivo a realizar unha supervisión das comisións establecendo límites máximos por cada comisión en función de parámetros obxectivos que teñan en conta o custe real do servizo.
Asemade, Jorquera pide que se obrigue aos bancos a ofrecer información transparente do importe das comisións polos distintos servizos e notificar aos clientes as variacións cunha antelación de tres meses. Outra das propostas do BNG é a de regular legalmente a disposición dunha conta bancaria como servizo financeiro básico, e a exoneración do cobro de comisións por mantemento ou administración de contas.

Secretaría de Comunicación do BNG