Skip to main content

A Liga Estudantil Galega convoca o I Certame de poesía e relato curto Xosé Neira Vilas

A Liga Estudantil Galega convoca o I Certame de poesía e relato curto ‘Xosé Neira Vilas’ co obxectivo de darlle pulo aos autores novos que escriben en galego e que non teñen os mecanismos para dar a coñecer as súas creacións no noso país.

Ao certame, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Linguïstica, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, poderanse presentar relatos e poemas de temática libre e en lingua galega. Así, o concurso conta con dúas modalidades, unha para rapaces entre 12 e 18 anos e outra para maiores de 18 anos.

As composicións gañadoras de cada modalidade serán editadas nun libro que contará cun limiar asinado polo homenaxeado Xosé Neira Vilar. O xurado, que se gardará o dereito a deixar deserto o premio en caso de que consideren que ningunha das obras presentadas merece o primeiro posto, estará composto por profesores universitarios de recoñecido prestixio e vencellados ao mundo das letras.

O prazo de entrega para estes relatos e poemas finalizará o día 15 de marzo e os galardoados daranse a coñecer nun acto especial que organizará a Liga Estudantil Galego nos días próximos ao Día das Letras Galegas.

Para más detalles sobre as bases do concurso pódese consultar a seguinte ligazón: http://certameneiravilas.ligaestudantilgalega.info/principal.php
Liga Estudiantil Galega