Skip to main content

Terceiro Encontro de Traballo dos Colexios de Xornalistas de Cataluña e Galicia

As direccións dos Colexios Profesionais de Xornalistas de Cataluña e Galicia celebrarán a súa terceira reunión oficial de traballo os días 26 e 27 de novembro no Hotel Virxe da Cerca en Santiago de Compostela.

Analizarán posibilidades de acción, cooperación e representación conxunta e abordarán os diferentes aspectos e problemas que afrontan actualmente a profesión xornalística.

As sesións de traballo comezará cunha análise da situación actual dos Medios Públicos. Nos temas de colaboración e representación, profundizarase no Consello Estatal de Colexios e diversos aspectos sobre colexiación. Especial atención terá o Estatuto da Profesión Xornalística, de recente debate no Congreso, así como outros aspectos profesionais.

O sábado 27 ás 13.00 horas, convocarase unha rolda de prensa, no salón Belvís do Hotel Virxe da Cerca (Rúa Virxe da Cerca, 27, Santiago) na que se presentará un comunicado conxunto cos puntos máis salientables deste encontro.

As delegacións do Col.legi de Periodistes de Catalunya e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, únicas entidades deste tipo, ata o momento, existentes en España, estarán encabezadas polos seus decanos, Xosé Manuel Vega Gómez e Joan Brunet i Mauri. Á reunión asisitirán distintos membros das Xuntas de Goberno do CPXG e o CPC.

O Colexio catalán conta con 3.500 colexiados e o galego con 1.100.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia