Cabaleiro pide esforzos aos medios de comunicación para achegar a información ás persoas con discapacidade
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, inaugurou o seminario Lectura fácil nos medios de comunicación, organizado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración con Down Galicia e coa Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, que ten como obxectivo fomentar unha cultura xornalística de compromiso coa discapacidade.
Segundo resaltou o secretario xeral de Medios na súa intervención, esta xornada pretende “dar a coñecer e introducir aos profesionais da comunicación no sistema da lectura fácil” e responde a un dos compromisos adquiridos no Plan de acción integral para as persoas con discapacidade, Galicia 2010-2013, que busca fomentar a construción dunha sociedade inclusiva e integradora.
“A lectura fácil nos medios de comunicación é unha ferramenta que permite achegar a información ás persoas con discapacidade intelectual”, lembrou Alfonso Cabaleiro, salientando que este seminario responde á necesidade de que os profesionais da comunicación “realicen un esforzo de formación e actualización continuas, para así facer posible este achegamento”.
“Todos sabemos que os medios de comunicación son fundamentais e de gran importancia para a integración das persoas con discapacidade na sociedade”, remarcou Cabaleiro, instando aos profesionais dos medios a “prestar especial atención” ao tratamento informativo e á linguaxe que se empregue nesta materia.
Na súa intervención Alfonso Cabaleiro referiuse, ademais, ás actuacións que desde a Secretaría Xeral de Medios se levan posto en marcha no eido da discapacidade, como a celebración, no pasado mes de outubro, da xornada sobre o tratamento da discapacidade nos medios de comunicación; a presentación da Guía de Boas Prácticas en linguaxe de lectura fácil, que hoxe se entregou aos participantes no seminario e que tamén se editou en braille; ou a edición especial do contido da páxina web da Xunta en lectura fácil, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Discapacidade, o 3 de decembro.
“Os medios de comunicación deben adoptar compromisos a través de accións para propiciar a reinserción social das persoas con discapacidade e romper barreiras para que poidan ter igualdade de oportunidades co resto dos cidadáns”, aseverou Alfonso Cabaleiro, quen fixo un chamamento aos futuros profesionais da comunicación para que contribúan a crear unha conciencia colectiva en relación coa discapacidade, a promover unha cultura de non exclusión e a fomentar unha cultura aberta para todos.
Seminario Lectura fácil nos medios de comunicación
Na apertura do seminario participaron, ademais do secretario xeral de Medios, o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, José Pereira Fariña; o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto; o presidente do CERMI de Galicia, Anxo Queiruga; e a subdirectora xeral de Autonomía Persoal da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta, Patricia Toubes.
Tras o acto inaugural, Ana Cabaleiro, responsable de comunicación de Down Galicia, pronunciou o relatorio O tratamento da discapacidade nos medios de comunicación; Mercedes Alonso, coordinadora de Down Ferrol-Teima, abordou o concepto e as orientacións da lectura fácil, as dificultades habituais que teñen as persoas con discapacidade na lectura da prensa e a necesidade de empregar este sistema de lectura; e, por último, desenvolveuse un taller práctico de aplicación das pautas da lectura fácil ao xornalismo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia