Skip to main content

Créase en Galicia a primeira asociación española de mulleres futbolistas

Constituída a Primeira Asociación Española de Mulleres Futbolistas

A Coruña; 26 de Abril de 2012
Comunícase o nacemento da Primeira Asociación Española de Mulleres Futbolista. Cunha estrutura de sindicato, preténdese servir de interlocutora fronte ás instancias deportivas e administrativas, no conxunto de reivindicacións que hoxe continúan, respecto de as grandes diferenzas que no noso país prodúcese entre o fútbol profesional masculino e a profesionalización do fútbol feminino.

O primeiro paso, e para o que xa se está a traballar, é a firma dun convenio con AFE (Asociación de Futbolistas Españois) , para traballar conjuntamente en accións que beneficien a xogadoras e xogadores. De feito o pasado día 23 de abril xa se produciu unha primeira reunión de traballo para analizar ese futuro convenio e as accións formativas e informativas a levar a cabo entre as xogadoras de fútbol do noso país.

Algúns dos temas tratados:
1.- Firma dun convenio de colaboración
2.- Constitución dunha comisión de traballo permanente AFE-AEJF
3.- Accións conxuntas ante as Administracións Públicas
4.- Proposta de traballo para constituír cadros formativos en xestión e en actividade deportiva no fútbol
5.- Traballar sobre propostas conxuntas de cara unha futura lei do deporte profesional no ámbito do fútbol.

Asistiron a devandita xuntanza por parte da Asociación:
Fe Robles. Presidenta
Isabel Guerrero. Vicepresidenta Asociación
Arturo Gutiérrez, Tesoreiro
María José López González, Secretaria Xeral e asesora xurídica
Alicia Fuentes Molina, Futbolista

Ao mesmo tempo, o día 16 de maio imos participar, como ponentes, nun Seminario no que estarán representados os máis importantes sindicatos e asociacións de deportistas de distintas disciplinas deportivas masculinas e femininas, no que poñeremos sobre a mesa algunhas das iniciativas e accións a levar a cabo.

A Xunta Directiva da Asociación está formada por:

Presidenta: Fe Robles Fernández, Membro da Comisión Muller e Deporte do COE,
Vicepresidenta: Isabel Guerrero, ex futbolista do Málaga
Secretaria Xeral: Mª José López, Avogada, Experta en Dereito deportivo.
Tesoreiro: Arturo Gutiérrez, Economista
Vocales:

Pilar Neira, Presidenta de MUDEGÁ (Mulleres Deportistas Galegas).Seleccionadora Galega de futbol Feminino. Adestradora Vitoria C.F.

http://www.mujeryfutbol.es/index.php/en

Pilar Neira (vocal da Asociación Española de Mulleres Futbolistas)