A presidenta do Consello de Informativos de RTVE recolle en Ferrol o VIII Premio José Couso
A presidenta do Consello de Informativos de Televisión Española, Yolanda Sobero, recolle en Ferrol o VIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, en colaboración coa Obra Social ‘la Caixa’.
No transcurso dunha rolda de prensa no Concello da cidade departamental, Sobero afirmou que para eles é “unha honra recibir este premio por ser na memoria do xornalista José Couso, que foi asasinado por ser unha testemunha molesta” e, tamén “por ser un galardón á liberdade de prensa outorgado dende dentro, polos propios profesionais da información”. Sobero sinalou que este recoñecemento anima aos xornalistas de TVE a mellorar a televisión como servizo público á cidadania e aínda que a situación sexa adversa, non se deben descoidar os valores deste servizo público cuxas prioridades son: a veracidade, imparcialidade e pluralismo.
Neste sentido, a presidenta do Consello declarou que seguen a traballar pola defensa destes valores, polo que están a promover unha declaración dos profesionais da información de CRTVE na que se defende a información como un dereito constitucional dos cidadáns, e se manifesta o compromiso dos comunicadores para a elaboración da información con criterios profesionais como a pluralidade, a independencia e a veracidade. Para isto, desde o Consello defenden “a despolitización da dirección dos servizos informativos”, polo que reclaman que a elección do presidente da corporación sexa por consenso das forzas politicas.
No mesmo acto, o decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, manifestou que “o Consello de Informativos de TVE é un organismo que garante a liberdade de expresión e os dereitos dos profesionais diante das presións que se exercen tanto dende arriba coma dende abaixo”. Ademais, Pereiro trasladoulle aos representantes do Consello a noraboa en nome da organización.
No acto tamén estiveron presentes o presidente do Club de Prensa de Ferrol, Xan Morales Somoza, e o delegado xeral de “la Caixa” en Galicia, Marc Arthur Benhamou, quen manifestou o compromiso da entidade coa defensa da liberdade de prensa e a satisfacción pola colaboración co Premio José Couso.
Yolanda Sobero e o Consello de Informativos de TVE
Nacida en Corao, Asturias, en 1959, Yolanda Sobero é doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e Magíster en Estudios Amerindios. En 1982 entra a formar parte dos servizos informativos de TVE. Nesta canle, ten exercido as correspondencias en Moscova e Bos Aires, ademais de ser enviada especial a Tinduf, Chechenia, Xeorxia, Kosovo e Serra Leona, entre outros lugares. Entre 1990 e 2004 foi coordinadora da Área de Información Internacional dos Telediarios Fin de Semana e ese mesmo ano se incorpora ao programa En Portada. Recentemente, recibiu xunto con Susana Jiménez Pons o I Premio de Xornalismo Colombine pola reportaxe Feminicidio S.A.
O Consello de Informativos de TVE é un órgano de participación destinado a garantir o control interno, a defensa da independencia profesional, a promoción da independencia editorial e o amparo dos profesionais da información da Corporación RTVE. É unha conquista histórica dos profesionais de RTVE, recoñecidos pola Lei 17/2006, que configura o servizo da radio e televisión estatais como un servizo esencial para a vida democrática.
En setembro do pasado ano o Consello de Informativos de TVE rexeitou e reprobou a decisión adoptada polo Consello de Administración para que os seus membros tiveran acceso directo ao sistema de traballo da redacción de informativos. Ante este pronunciamento, o Consello de Administración de RTVE revocou a súa decisión.
Hai poucas semanas, o actual goberno aprobou un real decreto que permite nomear ao presidente de RTVE por maioría absoluta, eliminando a necesidade de facelo mediante a maioría cualificada. O Consello de Informativos de TVE mostrou a súa preocupación xa que considera que fai perigar a independencia da corporación e actualmente está a promover unha declaración que reclama a elección do presidente por consenso entre as forzas políticas.
Concerto no Teatro Jofre
Unha vez rematada a rolda de prensa celebrouse unha recepción oficial no Concello. A xornada continuou coa tradicional ofrenda floral que se fai cada ano na estatua Ás Ceibes de Manuel Patinha, situada no Cantón de Molíns. Desde as 20:30 horas, o Teatro Jofre acollerá o acto de entrega do galardón. Conducido polo xornalista Antón Luaces, o acto inclúe a lectura dun texto de María Val no que a xornalista reivindica o papel dos xornalistas. Val expresa no texto a súa esperanza de que “esta lembranza a José Couso e esta homenaxe aos nosos compañeiros dos Informativos da TVE sirva para arroupar estes heroes danados”, os xornalistas, porque “unha democracia pode mobilizar aos electores, pero sen xornalistas, a soberanía cidadá ráchase”.
A continuación, Yolanda Sobero, presidenta, e o resto de membros do Consello de Informativos de RTVE recibirán o galardón. Tras a entrega, ás 21:00, dará comezo o Concerto da Liberdade, coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.
Co Consello de Informativos de TVE xa son oito os galardoados co Premio das Ás Ceibes. Outros gañadores do Couso foron: Ali Lmrabet (2005), Le Monde Diplomatique (2006), Jon Lee Anderson (2007), José Vidal – Beneyto (2008), Rosa María Calaf (2009), Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010) e WikiLeaks (2011).
O galardón naceu no ano 2005 e está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración da Obra Social ‘la Caixa’.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia