O Clúster TIC e o CLAG afianzan a súa colaboración
Andrés Barbé Riesco, presidente do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), e Jesús Lage Fernández, secretario do Cluster TIC Galicia, asinaron
un convenio marco de colaboración entre ambas as dúas entidades asociativas. O convenio permitirá ao Cluster TIC Galicia e ao CLAG desenvolver liñas de colaboración que abranguerán os campos comercial, formativo, científico e tecnolóxico, optimizando recursos, participando en
proxectos conxuntos tanto de ámbito nacional coma internacional, e favorecendo o incremento da competitividade do tecido empresarial galego.
O acordo prevé o desenvolvemento de actividades e iniciativas de cooperación nos seguintes terreos:
• Investigación.
• Transferencia de coñecemento e tecnoloxía.
• Actividades formativas.
• Actividades de difusión.
• Identificación de oportunidades e participación conxunta en proxectos de I+D+i.
O convenio marco terá unha duración de dous anos, que poderá ser prorrogada por acordo das partes. Unha comisión de seguimento velará polo cumprimento dos acordos e avaliará os seus resultados.
En relación aos froitos que poderá render o convenio entre o CLAG e o Cluster TIC Galicia, Jesús Lage indicou: “Estou convencido de que podemos axudarnos mutuamente a aproveitar mellor os nosos recursos para que as nosas empresas sexan máis fortes, máis competitivas e máis capaces de afrontar con éxito o ineludible reto da internacionalización”.
Pola súa banda, Andrés Barbé salientou que “nun contexto de caída da industria audiovisual tradicional, a transición cara aos formatos dixitais experimentou unha tendencia crecente durante os últimos catro anos”. O presidente do CLAG tamén sinalou que “a vertente dixital da industria
audiovisual posicionouse como o verdadeiro motor do futuro do sector”.
A rúbrica do acordo tivo lugar no marco da xornada de networking que membros do CLAG e do Cluster TIC Galicia compartiron con asociados de Eganet.

Rocío Novo (Comunicación CLAG)