A Fundación Curros Enríquez recoñece a Luis Tosar co XXVIII Premio Celanova, Casa dos Poetas
O Padroado da Fundación Curros Enríquez, que se reuniu o 22 de xuño de 2012, na sala da lareira coa presenza, entre outros membros, do Conselleiro de Cultura e do Presidente da Deputación Provincial de Ourense, para, entre outras cousas, fallar e dar a coñecer o nome do gañador da XXVIII edición do Premio "Celanova, Casa dos Poetas" e aprobar as actividades do Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, acordou a aprobación do orzamento anual que aportan en distintas proporcións algúns dos patróns institucionais como o Concello de Celanova, a Deputación Provincial e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mentres que aqueloutros patróns que non aportan cantidades concretas ó orzamento ordinario da Fundación como o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as tres Universidades galegas continúan co seu compromiso de colaboración na organización de actividades conxuntas a nivel expositivo ou de promoción dos autores de Celanova.
Despois de acordar por unanimidade unha nova incorporación a título
persoal ó seo desta entidade, a do ex Presidente da Deputación, Xosé
Luís Baltar Pumar, de quen se agarda acolla con agrado esta proposta, o
Padroado da Fundación debateu sobre un ambicioso programa de actividades
que vai máis alá dun mero programa anual e que pretende servir de guión
de traballo para o funcionamento continuo da entidade.
*A elección do XXVIII Premio 'Celanova, Casa dos Poetas' recaeu
finalmente por unanimidade no actor Luís Tosar "pola súa impresionante
traxectoria profesional no ámbito da interpretación en xeral e do cine
moi en particular, coa que ten axudado a internacionalizar o bo nome da
escena galega e a facer de Galicia un lugar máis querido por millón de
seguidores da súa carreira, dende tódolos recantos do mundo.
Malia súa xuventude, Luís Tosar camiña dende hai anos con paso firme
polos máis prestixiosos escenarios mundiais do sétimo arte e polas
carteleiras dalgunhas das principais películas españolas da última
década, como abandeirado do cine galego, sen deixar de facer gala nunca
da súa profunda galeguidade e do seu compromiso social e humano con
Galicia.
Dende "Los lunes al sol" ata "Celda 211" pasando por multitude de
filmes, a súa traxectoria profesional non deixou de crecer en ningún
momento, e, sen embargo, a súa aposta por manterse fiel o principio de
ser --como dicía Celso Emilio Ferreiro- "dun tempo e dunha terra", teno
levado incluso a renunciar ós ouropeis do gran escenario universal do
cine, realizando, pola contra unha máis que comprometida aposta por
aportar o seu imprescindible gran de area para a internacionalización do
cine galego".*
Como valoración das actividades que se teñen desenvolvido durante o ano,
destacouse en especial a resposta dos centros escolares para a
participación nas actividades máis didácticas como é o programa 'Ven
coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio' no que se inclúe un
percorrido urbano por Celanova a través da poesía e da música e unha
xincana literaria en colaboración con numerosos comercios da vila. Dos
máis de 2.000 escolares (47 centros escolares de toda Galicia) que se
achegaron ata a Casa dos Poetas para realizar a visita guiada, case
1.000 realizaron algunha actividade poética pola vila.
No ano 2012 destacan fundamentalmente as actividades que se enmarcan na celebración do *I Centenario do nacemento do poeta celanovés Celso
Emilio Ferreiro.* Desde a apertura do ano de Celso Emilio coa campaña
"Cen anos. Cen comercios. Cen poemas", a Fundación Curros Enríquez ten
acollido e acollerá ata final do ano na Casa dos Poetas varias
presentacións das novidades editoriais e audiovisuais sobre o autor. En
marzo destácase a celebración do I Encontro de xornalismo "Onde o mundo
se chama Celanova", en abril a colaboración para a celebración do
Recital poético musical "Voces para Celso Emilio Ferreiro", en maio a
realización na Praza Maior de Celanova da reproducción en grandes
dimensións do gravado que Picasso realizou para Celso Emilio dentro da
IV Xornada de convivencia cos centros Curros Enríquez e en xuño a
celbración dos actos centrais do Centenario coa colocación dunha placa
conmemorativa na casa natal do vate e a celebración dunha sesión
plenaria da Real Academia Galega. Para o resto do ano está previsto a
celebración dunha homenaxe en Madrid, os días 16, 17 e 18 de xullo
celebrarase o curso de verán "Celso Emilio Ferreiro (1912-2012): Ética e
poética" organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo en
Celanova, unha nova homenaxe a Celso Emilio en setembro polo seu
cabodano, ademais de acoller a mostra interactiva itinerante sobre o
autor promovida pola Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral de
Política Lingüística.
No que respecta á acollida de actividades na casa-museo aprobouse a
realización doutras actividades relacionadas co resto de escritores da
vila como presentación de libros, acollida de exposicións temporais,
celebración de eventos relacionados co mundo literario e audiovisual
ademais de actividades para os máis pequenos da vila como contacontos e
obradoiros. Tamén se seguiran a organizar excursións a puntos de
interese literario, en especial aos vinculados a escritores
contemporáneos a Curros e Celso Emilio Ferreiro.
Por outra banda, destácase a presenza da Fundación na rede mediante a
incorporación da emisión en directo das actividades que se celebran na
Casa dos Poetas a través da páxina web, a actualización desta, e a
presenza tamén nas redes sociais principalmente de Facebook, con máis de
3.300 amigos que se informan puntualmente das novidades da casa museo,
Twitter e Tuenti, desde onde a Fundación está a informar principalmente
á mocidade.
Durante a reunión tamén se corroborou o desexo dos membros desta
entidade da posta en marcha do proxecto "Itinerario do Rexurdimento" que
consistirá nunha serie de colaboracións conxuntas coas outras Fundacións
de autores do Rexurdimento como son a Fundación Rosalía de Castro e a
Fundación Eduardo Pondal.
Finalmente, tamén se destacou a posta en marcha no mes de xullo do
esperado proxecto "Poemas na rúa" que destacará o valor literario da
vila de Celanova e a intervención desta entidade na celebración do "I
Encontro ibérico de casas-museo" no mes de outubro.

Fundación Curros Enríquez