Skip to main content

A Mesa lamenta que Caixanova exclúa totalmente o galego do seu recén estreado portal dixital

Ante a noticia da estrea do portal de internet de Caixanova: www.caixanova.es a Mesa pola Normalización Lingüística quere manifestar o seu malestar pola exclusión total do idioma galego nos contidos do mesmo.
Neste sentido, A Mesa está a desenvolver unha campaña de galeguización da banca consistente en recompilar datos de xente disposta a cambiar a súa nómina a aquela entidade queaquela entidade que se comprometa a dar pasos importantes na súa galeguización. Con esa carteira de clientes A Mesa negociará coas entidades de crédito e ofreceralla a aquela ou aquelas que ofrezan mellores servizos galeguizados. A información completa da campaña de banca pódese atopar en: http://www.amesanl.org/banca
A Mesa considera que con actuacións como a mencionada, Caixanova autoexclúese dos potenciais destinatarios da bolsa de clientes. Como nota curiosa, compre salientar que A Mesa ten atopado actitudes máis receptivas cara a galeguización do servizo entre os bancos e caixas estranxeiros do que nos galegos.
A Mesa quere animar a Caixanova a ofrecer canto antes os contidos do seu portal web en lingua galega.

 

 

 
A Mesa pola Normalización Lingüística