Skip to main content

Arrancan en Lugo os seis días adicados ao cine na XXXIV Semana de Autor

O refectorio do Museo Provincial de Lugo acolleu a presentación do libro "Ricardo Núñez, o emperador da simpatía", editado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá na homenaxe prevista no marco da 34ª Semana Internacional de Cine de Autor que se desenvolve na cidade das murallas entre o 17 e o 22 de setembro.

Estiveron presentes representantes do Concello e da Deputación Provincial de Lugo, e asistiu tamén a Vicepresidenta da Deputación Peovincial da Coruña, Maria Dolores Faraldo Botana, betanceira como o homenaxeado, que promoveu a colaboración da Deputación coruñesa a esta homenaxe.
Por parte do concello de Betanzos estiveron presentes Diego Fernández Lopez, primeiro tenente de Alcalde, e Jesús Nuñez Fernández. O libro vai ser presentado en Betanzos o catro de outubro. Intervirá Manuel Curiel Fernández, autor do libro.

Arranca, así, a 34ª Semana de Cine de Lugo que inclúe as xa clásicas seccións infantil e mellor do ano, ademáis da Sección Oficial. Como novidades destaca o ciclo "Cine e radio" e a exposición de fotografía "In memoriam: Toñi Ónega Fernández", na Biblioteca Provincial.

Máis información en: http://fonmina.nombresweb.es/

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá