Skip to main content

El Cairo 678, gañadora da Sección Oficial da Semana de Cine de Lugo 2012

Máis de mil persoas asistiron diariamente no Auditorio Gustavo Freire ás sesións da Semana de Cine. O resto das salas de proxección rexistraron, así mesmo, unha asistencia notable, sendo arredor de 7.500 espectadores os que viron algunha das películas programadas, balance que consideramos moi favorable se temos en conta o magnífico tempo de verán que nos acompañou durante a Semana.

O Premio de MELLOR PELÍCULA da sección oficial, votado polo público (A votación era de entre 0 e 3 puntos) recaíu na exipcia EL CAIRO 678 de Mohamed Diab, cunha puntuación media de 2,71. En segundo lugar, quedou LA FUENTE DE LAS MUJERES de Radu Mihaileanu, con 2,69. Seguíunas a xaponesa KISEKI (EL MILAGRO) dirixida por Hirokazu Kore-eda con 2,09. En cuarto lugar quedou CAIRO TIME de Rubba Neda cunha puntuación de 1,89. LAS MALAS HIERBAS de Alain Resnais quedou en quinto lugar cunha media de 1,35. E a película do veterano director portugués Manuel de Oliveira EL EXTRAÑO CASO DE ANGELICA clasificouse en sexto lugar cunha puntuación media de 1,22.

O público tamén elixíu a MELLOR CURTA dentro da sección “As curtas tamén son cine”, outorgando o premio a PUERTA CON PUERTA de Ricardo Fernández (Bilbao, 1979), cunha puntuación de 4,44. (A votación era de 0 a 5). Seguirona POSTURAS de Álvaro Oliva (Santander, 1980) con 4,23, CIELO ROJO AL AMANECER de Julio de la Fuente (Asturias, 1961) con 4,04 e LA MUJER DEL HATILLO GRIS de Luís Trapiello (Mieres-Asturias, 1967) con 4,00.

Rematada a XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor, o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, quere facer constar o seu agradecemento ás entidades copatrocinadoras: Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Universidade-Campus de Lugo e Fundación Caixa Galicia, polo seu apoio; ao grupo Achádego polo magnífico traballo desenvolvido ao longo das Semana irmandando teatro e cine, e ao público lucense polo seu apoio de tantos anos participando na semana e animándonos no labor de facer que a terceira semana de setembro se convirta nunha semana ¡De Cine!.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias (sesión inaugural).



Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá