Skip to main content

A Fundación TIC prestará apoio e promoverá accións vinculadas co sector das novas tecnoloxías na provincia de Lugo

A vicepresidenta, María José Vázquez Lorenzo e o director, José Antonio Corredoira Teijeiro, da Fundación para el Desarrollo de las Tecnologías de la Información y la Comunicación, presentaron hoxe no II Congreso Galego do Audiovisual, o proxecto da entidade. Na súa exposición, os responsables da Fundación TIC destacaron que se trata dunha entidade sen ánimo de lucro, promovida pola Deputación Provincial de Lugo, que está clasificada como benéfico-docente e sobre a que exerce o protectorado a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
APOIO NA PROVINCIA DE LUGO
A Deputación Provincial de Lugo como institución dinamizadora de accións en materia de educación e formación, que afronta o reto de avanzar decididamente no campo das novas tecnoloxías da información e comunicación como un xeito de implicar os sectores sociais, económicos públicos e privados na modernización, motivou o a creación da Fundación TIC, segundo manifestou Mª José Vázquez vicepresidenta da Fundación TIC.
O seu funcionamento, engadiu a vicepresidenta da Fundación TIC, supón unha aposta na nosa provincia por un sector estratéxico para o desenvolvemento, que é considerado desde a Unión Europea como un dos novos filóns de emprego.
EDUCACION E PROMOCION
Na súa intervención, o director da Fundación TIC afirmou que a entidade considera prioritario incentivar, promover e levar a cabo actividades dirixidas ó fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das tecnologías da información e a comunicación, así como ó impulso e consolidación da denominada sociedad do coñecemento ou sociedade da información, na provincia de Lugo.
Neste sentido, considérase prioritaria a consolidación da Escola de Imaxe e Son como centro de formación profesional no campo da comunicación audiovisual.
Fomentar o intercambio de experiencia con outros centros nacionais e internacionais implicados na formación dentro do campo da comunicación; a relación do centro co sector empresarial da provincia mediante convenios e colaboracións e facilitar a inserción laboral dos alumnos que rematen a súa formación, son outros dos obxectivos da Fundación que sinalou Corredoira Teijeiro
Ó remate da presentación o seu director lembrou que a Fundación TIC em convenio co Consorcio Audiovisual Galego xestiona e promove unha oficina de rodaxe para a provincia de Lugo que está integrada em Galicia Film Commissión.
Fundación TIC