Skip to main content

O CPEIG celebra unha nova Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Os colexiados e colexiadas que integran o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) reúnense o venres, día 23 de novembro, na que será a cuarta edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. As estimacións da organización son que unas 250 persoas se dean cita baixo o interese común da Informática e a defensa da profesión. A gala, que inclúe a entrega dos premios anuais do colexio, será presentada polo monologuista Miguel Lago.

PROGRAMA DO EVENTO

20.30H.Cóctel de benvida
21.15H. Entrega de premios. A continuación, cea de gala.

ELENCO DE GALARDOADOS

As persoas galardoadas este ano nas diferentes modalidades dos Premios do CPEIG son:

• Premio Proxecto Fin de Carreira: Adrián López Villaverde,
polo seu traballo Deseño de Infraestruturas de Almacenamento Escalables para Cloud Computing.
• Premio Traxectoria Profesional: a título póstumo, Víctor Gulías, profesor da Universidade da Coruña, investigador e emprendedor.
• Premio Ada Byron: a enxeñeira informática Luz Castro, como representante das mulleres líderes na adopción da tecnoloxía, e pola súa capacidade para mesturar coñecementos técnicos e visión social.
• Premio Iniciativa Emprendedora: LaconNetwork, evento de networking que reúne a emprendedores do sector TIC de Galicia baixo un paraugas informal pero moi estable.
• Premio Iniciativa da Administración: Proxecto Coruña Smart City, en recoñecemento á aposta que o concello herculino está a realizar pola I+D+i e as novas tecnoloxías. O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, recollerá o galardón
• Premio Iniciativa Empresarial: Imatia Innovation, empresa tecnolóxica incluída na listaxe de referencia a nivel mundial Top 100 en Europa.

PATROCINADORES DA NOITE DA ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA

Patrocinadores Ouro: Altia Consultores, Amtega, Bahía Software, Everis, Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico, Hewlett-Packard, Indra, Plexus, Retegal e Telefónica.

Patrocinadores Prata: Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Emetel, Fortinet, Imatia Innovation, Insa,Inycom, Oracle e Tecnocom.
Guindeira C&E