Skip to main content

Programación de Nadal Sala Yago

Esta mostra recolle títeres, marionetas e sombras chinesas que ilustran diferentes técnicas e xéneros do teatro oriental. A súa intención é achegar ó público galego esta arte milenaria, conservada sen dúbida grazas á enorme importancia deste tipo de representacións no país e ó labor das grandes familias de titiriteiros. Ó mesmo tempo pretende ser unha fiestra aberta desde a que coñecer algo máis desta distante cultura, a través dos personaxes que representan as súas historias e entreteñen ás súas xentes desde tempos inmemoriais.
O prezo da entrada da exposición é de 0,50 € e poderase visitar desde mañá, xoves 23 ata o domingo 26 pola tarde (excepto o 25 que permanecerá pechada) e a partir do 27 en horario de mañá.
A VOLTA DO CINE
En Nadal retomamos tamén a programación de cine co documental Viaxe a Narragonia. Un documental de Germán Berger no que se plantexa a viaxe a un lugar imaxinario. A viaxe realízase a bordo dun barco construido en 1916, no que viaxan 9 artistas de distintas partes do mundo, presentando o seu espectáculo teatral en distintos portos e pobos. Este filme poderase ver na sala yago do 26 ó 30 de Decembro ás 18:00h. 20:15h e 22:30h.
Ademais do 2 ó  5 de Xaneiro terá lugar na Sala Yago o Festival de Títeres de Reis.
Sala Yago