Entregados os premios dos certames litario, fotográfico e curtas de Adega
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, foi o encargado de entregar os premios do II Concurso Fotográfico “Fotografías polo territorio”, do II Certame de Relatos O lugar onde vivo e do I Certame de Curtametraxes‘E ti que é o que ves, que organiza a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) en colaboración coa Vicepresidencia do organismo provincial.
O obxectivo do concurso de fotografía foi, por unha banda, ofrecer imaxes nas que se mostraran ocasións nas que a actividade humana supuxera unha agresión ao noso país, xa sexa contra o patrimonio, a cultura ou a paisaxe, en definitiva: a identidade territorial. Por outra, imaxes nas que se puxera en valor este patrimonio. Plantexáronse dúas categorías para este premio, xuvenil e adulta, presentándose un total de 50 traballos. A gañadora da categoría xuvenil foi Marcos Utreta pola súa fotografía “Frío”, e o da categoría adulta, Alberte Sánchez pola súa obra “Mar de contaminación”.
No caso do certame literario tamén participaron máis de 40 relatos, e para decidir os gañadores, o xurado baseouse na orixinalidade, a calidade literaria, a coherencia do código lingüístico empregado e que o territorio galego figurara no relato. Os vencedores desta modalidade foron, na categoría xuvenil, o relato “A cadeira da moura” de Daniel Duque, e na categoría adulta, “Ribeira” de Francisco Castro.
No marco da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, este ano ADEGA tamén convocou o I Certame de Curtametraxes “E ti que é o que ves?, co gallo de que a sociedade retratara o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. “Cóntame como era”, de Marisa Otero López foi a obra gañadora.
ADEGA é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrución ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países. É a asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación do noso país, cunha experiencia de traballo de máis de 25 anos.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo